Alegría de vivir
Cachaza Platas, Mercedes - viernes, 28 de febrero de 2014
Independientemente das orixes do Entroido o que si ten claro o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso, é que o día 26 de febreiro de 2014, reunímonos para celebra-lo Entroido, por varios motivos:
-Porque fomos convocados polo noso Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño para unha celebración con disfraces.
-Porque aproveitamos para ter unha clase de música co noso benquerido profesor.
-Porque nos gusta estar xuntos os das distintas aulas da Uned Sénior de Xestoso, para compartir mesa, mantel, compañía, cantos e outras vevencias.
-Porque o alumnado da Clase de Música ofrece unha actuación musical para tódolos asistentes.
-Para ver e interesármonos uns polos otros.
-Porque traemos algo distinto e gracioso que nos alegra a vida e provoca a risa saudable para crear as hormonas da felicdade que chamamos endorfinas.
-Porque nos gustan as sorpresas e hoxe hai máis que nunca.
-Porque nos encanta disfrazarnos aínda que tan só sexa cun pequeno detalle para crear ambiente e alegrar ós compañeiros.
-Pero principalmente porque queremos celebrar entre todos A ALEGRÍA DE VIVIR.
*Porque nos sentimos vivos.
*Porque estamos cargados de enerxía positiva.
*Porque temos moitas ganas de aprender disfrutando.
*Porque estamos dispostos a compartir amistade e compañeirisimo.
*Porque queremos vivir con alegría esta etapa da vida.
*Porque somos optimistas.
*E porque queremos dar bo exemplo ás xeracións futuras para que constrúan un mundo máis alegre e feliz.
Se tódolos encontros e celebracións entre as distintas aulas da Uned Sénior de Xestoso son moi enriquecedores, o de hoxe vai ser moi especial porque ademais de gardar as normas de urbanidade que crresponden, imos ter liberdade que non lebertinaxe- para facer tantas payasadas como nos apeteza, dado que hoxe é un día indicado para eso.
¿Por que estamos dispostos a facer todo eso?
A razón é ben sinxela: polas nosas veas circula máis veloz que nunca a ALEGRÍA DE VIVIR.
Non falta nin a boa vontade, nin o bo humor, nin a harmonía, nin a compañía agradable, nin o canto, nin o baile nin o optimismo necesario porque vimos cargados de enerxía positiva e queremos multiplicala compartíndoa uns cos outros.
De tal xeito que ó rematar esta celebración, levaremos as pilas cargadas para sementar alegría de vivir nas nosas casas, nas nosas aldeas e porone queira que vaiamos.
Porque a Uned Sénior xa leva cinco anos de rodaxe e téñense que notar os froitos de tanto esforzo por parte de todos cantos integramos a Uned Sénior de Xestoso. Empezando polo pai da Idea, polas autoridades académicas e remarando pola última persoa que se matriculou.
Porque a Uned Sénior creouse entre outras moitas cousas para celelbrar a ALEGRÍA DE VIVIR
Porque todos sabemos do moito que deixamos traballado ó longo da nosa dilatada viada, para ter unha ancianidade digna e agora toca poñe-lo broche de ouro a esta etapa de existencia: gozando a tope da ALEGRÍA E VIVIR
Porque queremos ser un colectivo exemplar e contaxiar á xente nova a ALEGRÍA DE VIVIR porque con bo humor, todo sae mellor.
¡Celebramos a festa da vida!
Porque a vida é unha festa se sabemos bailala ó son que toca disfrutando a tope de cada oportunidade que se nos ofrece para ser felices.
Esta festa é unha boa oportunidade.
¡Feliz velada!
(Mercedes Cachaza Platas, é Alumna da Uned Sénior de Xestoso ( Aula de PADERNE) - A Coruña).

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora