Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aviación local

jueves, 10 de noviembre de 2005
O tema "local", a priori, ten futuro.
Ahí está a "Administración local", que desde a cuarta década do século XVIII ata agora mesmo é a que está máis perto de todos nós, e goberna os temas máis básicos relacionados coa nosa vida: Desde o nacemento, coa nosa inscrición no Padrón de residentes ata o pasamento, ó ser soterrados ou incinerados nunha instalación municipal.

O local interesa desde o punto de vista informativo, e ahí está o papel das televisións locais, que xurdiron por centos -aínda que en Galicia sexa un fenómeno máis escaso- porque facilitan novas do que ocorre no noso inmediato contorno, que nos afectan máis directamente. Os xornais provinciais ou locais son os de primeira necesidade para todos nós, porque neles publícase desde os pasamentos de xentes que coñecemos ata as carteleiras dos cines do noso barrio.

Vivimos nun eido local, aínda que residamos nunha cidade pequena ou mediana. E o noso círculo é pequeno, cercano, local... con xente coa que a diario nos cruzamos, establecementos que a cotío visitamos, contornos que consideramos familiares por repetidamente vistos e coñecidos.

Pero hai outro aspecto "local", entendido no seu senso máis amplo, que ata agora estivo vetado. Son os voos de tipo local, en avións pequenos, de cidade a cidade: De Coruña a Vigo, de Vigo a Santiago, de Santiago a Lugo, de Lugo a Ourense...

Iberia pode estar reducindo voos en aeroportos galegos porque a rendibilidade o manda, pero é que Iberia é unha gran empresa con tódolos condicionamentos que as grandes empresas teñen. Non é local. Pero hai outras empresas que están xurdindo, con voos tan baratos que desde Santiago a Londres pode costar a pasaxe o mesmo que o autobús entre Santiago e Vigo, por poñer un exemplo.

E o dos voos de tipo local, pode ser o futuro. Porque para grandes aeroportos en Galicia temos Santiago, e a continuación Vigo e A Coruña. Pero hai outros aeroportos actuais ou futuros; posibles aeroportos como o de Rozas en Lugo, no que xa aterraron avións o pasado verán traendo ministros do goberno, e de onde saíron voos hacia outros aeroportos máis ou menos lonxanos para experimentar a viabilidade destas viaxes para empresarios ou persoas que deban desplazarse con rapidez, sen perder tempo.

A eso cabe supor que se lle pode chamar "Aviación local". Aínda que supere as barreiras do que tradicionalmente se chama local. Pero vale para entendernos e para saber que en transporte de viaxeiros non está dito todo e quedan moitos camiños que recorrer e unhas cantas portas por abrir.

As infraestructuras en Galicia son difíciles, e máis se temos que contar co exterior, con outras administracións.

Aquelo de "A volar, joven!", pode ter aplicación moi axiña, e poñernos un pouco máis en onda con outros territorios e co mundo de hoxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES