A razón da forza
Editorial - miércoles, 09 de noviembre de 2005
Antes, os mestres, cando aínda non había textos nin programas que cumprir e todo era máis intuitivo, xeralista e memorizante, esforzábanse por explicar ós alumnos a grandísima diferencia entre "a forza da razón" e "a razón da forza".
A forza da razón era o valor máximo ó que había que tender, mentras que a razón da forza era algo lamentable á que nunca se debía acudir. Esto, no medio dunha sociedade na que a primeira lei nunca escrita era precisamente a razón da forza daquela democracia orgánica desde a que tivemos que aprender a vivir nun estado de dereito.
Inmersos desde hai un cuarto de século nun suposto estado de dereito, pensabamos que a forza da razón era a que imperaba, e que diante de calquera conflicto o razonamento entre as partes ía producir a solución mellor para todos.
Os recentes conflictos viñeron demostrar o contrario. O último deles, o dos mineiros, que seguro que -como os transportistas- estaban cargados de razón. Pero impuñéronos a razón da súa forza formando barricadas, cortando estradas e inmovilizando centos de persoas nun secuestro temporal.
O goberno plegouse ás esixencias da forza que condicionaron a presunta razón. E contentas quedaron as dúas partes -folguistas e goberno- e tódolos demáis doloridos e descolocados diante das agresións e danos colaterais.
Mal exemplo é este para posteriores conflictos. O remedio xa se sabe: Aplicar a razón da forza, causando o maior dano posible, para forzar acordos, pase o que pase.
Malo. Moi malo é para a sociedade cando un Goberno, diante da forza, non responde cos medios axeitados.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora