Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (III)

martes, 08 de noviembre de 2005
Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (III) 5. A cruz presenta unha sección cuadrangular nos seus extremos a as arestas rebaixadas no resto en vintecatro cristos e vintetrés cruceiros (29). En relación ós remates amosan unha cruz florenzada vintedous cristos e outros tantos cruceiros (30).
No anverso da cruz aparece a efixie de Cristo en vintecinco cristos e vinteun cruceiros (31).

Amosa os seguintes trazos:
5.1. O relevo de Cristo está erosionado nos cristos do Foxo, de Caaveira, do Arandal e do Romeiro, situados na parroquia de Bretoña.

5.2. A efixie de Cristo mostra unha cartela en trece cristos e dazasete cruceiros (32).

5.3. Os cristos de Froilán (Lagoa) e dos Viás (Vián) amosan a cabeza da efixie de Cristo inclinada ó lado esquerdo, o cruceiro de Xirómeno mostraa mirando ó ceo e os cristos da Igrexa (Cadavedo), do Cimeterio (Cadavedo), de Gómez (Lagoa) e D. Diego (Úbeda) presentana ó fronte; os demais cristos e cruceiros, que posúen efixie, amósana ó lado dereito (33).

5.4. Mentres que o cristo de Andrés (Santiago de Reigosa) e os cruceiros da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo) e de Gutiérrez (A Pastoriza) mostran os brazos en forma de V, hai once cristos e outros tantos cruceiros que os amosan en forma de lixeira V (34).

5.5. Agás o cristo de Froilán (Lagoa) e o cruceiro do Campo da Festa (Pousada) que presentan o perizoma anodado ó lado esquerdo e no centro, respectivamente, os demais mostrano anoado ó lado dereito

5.6. Nos cristos e cruceiros a forma máis usual é que o pé dereito esté colocado por riba do esquerdo (35), agás o cristo do Foxo (Bretoña), que presenta o pé esquerdo sobre o dereito, e os cristos do Centro de Saúde (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo) e o cruceiro da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), que amosan os pés paralelos.

5.7. O cristo da Igrexa (Vián) e outros trece cruceiros mostran ámbolos dous pés sobre unha caveira (36); pola contra seis cristos e catro cruceiros presentan ámbolos dous pés sobre un subpedáneo (37).

5.8. Os cruceiros de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Carballo (Santiago de Reigosa), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián) amosan a efixie de Cristo flanqueada por santiños.

5.9. Finalmente a cabeza, os brazos, a espalda e unha parte das pernas da efixie de Cristo están separadas da cruz en tres cristos e trece cruceiros (38).
No reverso da cruz aparece a efixie da Virxe nun cristo e once cruceiros (39).

Amosa os seguintes motivos:
A. No cristo de Afoz (Bretoña) e nos cruceiros da Praza (Bretoña) e do Campo da Festa (Pousada) a efixie da Virxe mostrase en actitude orante.
B. Nos cruceiros da Parola (Bretoña), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa) e de Carballo (Santiago de Reigosa) a efixie da Virxe amósase como Piedade.

Referente á policromía dos cruceiros atopamos cinco nos que aínda se aprecian restos. Trátase dos seguintes:
1. Cristo da Igrexa (Cadavedo). Cor azul ó pe da cruz.
2. Cruceiro do Fiouco (Cadavedo). Cor azul no fuste e no capitel.
3. Cruceiro de Vilagromar (Pousada). Cor ocre no capitel.
4. Cruceiro da Veiga do Crego (Pousada). Cor azul, negra e ocre no fuste.
5. Cruceiro de Carballo (Santiago de Reigosa). Cor azul, negra e vermella no fuste. Ocre no capitel e vermello no Cristo.
Con respecto ós materiais empregados case tódolos cristos e cruceiros están construidos de granito, agás os elementos das seguintes manifestacións artísticas:
1ª. Cruceiro do Pontigo (A Guarda). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
2ª. Cristo de Caaveira (Bretoña). Plataforma: un chanzo de cachotería.
3ª. Cristo do Arandal (Bretoña). Plataforma: un plinto de cachotería.
4ª. Cristo do Centro de Saúde (Bretoña). Plataforma: un plinto de cachotería.
5ª. Cristo de Afoz (Bretoña). Plataforma: un plinto de cachotería.
6ª. Cristo da Igrexa (Cadavedo). Plataforma: un plinto de cachotería.
7ª. Cristo das Antigas (Corvelle). Plataforma: un plinto de cachotería.
8ª. Cruceiro de Xiromeno (Corvelle). Plataforma: un chanzos de cachotería.
9ª. Cruceiro de Fomiñá (Fomiñá). Plataforma: un chanzo de cemento.
10ª. Cristo de Froilán (Lagoa). Plataforma: un chanzo de cachotería.
11ª. Cristo do Chivadoiro (Lagoa). Bloque paralepípedo de caliza.
12ª. Cristo de Xan Paz (Lagoa). Plataforma: un plinto de cachotería.
13ª. Cruceiro do Cándido (Lagoa). Plataforma: un chanzo de lousa.
14ª. Cruceiro de Vilagromar (Pousada). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
15ª. Cruceiro do Vilar (Pousada). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
16ª. Cruceiro da Veiga do Crego (Pousada). Plataforma: catro chanzos de cachotería.
17ª. Cruceiro de Carballo (Santiago de Reigosa). Plataforma: tres chanzos de cachotería recubertos de cemento.
18ª. Cristo de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa). Plataforma: tres chanzos de pizarra. Base: restauración de cemento.
19ª. Cristo de Marquide (S. Vicente de Reigosa. A Regueira). Plataforma: un plinto de cachotería rematado nun listel de cemento.
20ª. Cruceiro da Igrexa (S. Vicente de Reigosa. A Regueira). Plataforma: dous chanzos de cachotería.
21º Cruceiro de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira). Plataforma: dous chanzos de cachotería e cemento. Plinto do Mesmo material.
22ª. Cruceiro da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira). Plataforma: un plinto de pizarra.
23ª. Cruceiro do Carrizal (S. Vicente de Reigosa. A Regueira). Plataforma: un plinto e un chanzo de cachotería.
24ª. Cruceiro da Igrexa (Vián). Plataforma: tres chanzos de cachotería.

En relación ós cristos e cruceiros, provistos de data, teñena na base (40).
Finalmente dicir que dun total de vinteoito cristos e vintetrés cruceiros so encontramos bibliografía sobre sete cristos e outros tantos cruceiros (41). Estes aparecen citados, sen ningún tipo de comentario, nas seguintes obras: Inventario Artístico de Lugo y su provincia (42), Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de A Pastoriza (43) e Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia. Comarca da Terra Chá (44).

III.- BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1998.
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1999.
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 87, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Castro de Rei”, en El Legado Cultural de la Iglesia mindoniense. I Congreso do Patrimonio da Diócese de Mondoñedo, 2000, páx.497-506.
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz”, en Os Canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga (Guitiriz), 2000, páxs. 31-41.
Arribas Arias, Fernando., Blanco Prado, José Manuel e Saavedra, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristo e Cruces da Pastoriza. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2002.
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Cospeito”, en Caderno de Estudios Chairegos, nº1, 2002, páxs. 99-117.
Arribas Arias, Fernando., Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro, e Reigosa Carreiras, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (I)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987.
Arribas Arias, Fernando., Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro, e Reigosa Carreiras, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (II)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987, páx. 7.
Baamonde García, Alfonso A e Castro Rodríguez, A. “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega”, en El Progreso, diario de Lugo, 22-8-1987, páx. 7.
Blanco Prado, José Manuel e Rodríguez Sánchez, Manuel. Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1988.
Blanco Prado, José Manuel. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1990.
Cendán Fraga, A. “Os cruceiros de Vilalba”, en El Progreso de Lugo, 31-8-1988, páx.33.
Cendán Fraga, A. “Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido”, en EL Progreso de Lugo, 29-12-1989, páx. 9.
Comarca da Terra Chá. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
Flores Rivas, Luis Hixinio. “A cultura material representada nas construccións populares: un elemento a conservar na Terra Chá”, en Boletín Terra Chá, nº 1, Orgao das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 1997, páxs. 28-30.
Gil Agras, H. “Os cruceiros de Bretoña”, en El Progreso de Lugo, 17-8-1991, páx. 37.
González Reboredo, X.M., Rielo Carballo, N., Santos San Cristóbal, S., e Valiña Sanpedro, E. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Ts. I-VI, 1975-1983.
Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico dos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba, Xermade, en Diario Oficial de Galicia, nº 18, 15-1-1990, páxs. 709, 714, 716, 720, 726-727, 736, 757-758, 760.
Laredo Verdejo, J.M. Os Nosos Cruceiros. A Coruña: Ed. Boreal-Xuntanza, 1993.
Pernas Bermúdez, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (I), en El Progreso, diario de Lugo, 30-4-1998, páx. 16.
Pernas Bermúdez, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (II), en El Progreso, diario de Lugo, 1-5-1998, páx. 16.
Pernas Bermúdez, Carmen. “As cruces de pedra no olvido”, en Pena do Encanto, Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos, nº 1. 2001. Páx.20-37.
Rodríguez Castelao, A. As cruces de pedra na Galiza. Madrid:Akal, 1975. Ed. facsímil da que se levou a cabo en B. Aires en l049.
Trapero Pardo, J. “Os cruceiros”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación Provincial de Lugo, nº 27, 1974, páxs. 25-40.
Viveiro, Orlando. “O Latín dos canteiros”, en Terra Chá, Órgao das Brigadas en Defenda do Patrimonio Chairego, nº 2, 1997, páxs. 4-5.

NOTAS
29. Cristo do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Romeiro (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de Gómez (Lagoa), de Amorás (Loboso), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de D. Diego (Úbeda), dos Vías (Vián) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Igrexa (S. Vicente de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), de Teixeiro.
(S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
30. Cristo de Luxilde (Bretoña), do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Romeiro (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de Gómez (Lagoa), de Amorás (Loboso), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa.
A Regueira), de D. Diego (Úbeda), dos Viás (Vián) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Igrexa (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián).
31. Cristo do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de Gómez (Lagoa), de Amorás (Loboso), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Marquide (S. Vicente de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa), de María (Úbeda), de D. Diego (Úbeda), dos Viás (Vián) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
32. Cristos do Foxo (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa.
A Regueira), de D. Diego (Úbeda) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
33. Cristos do Foxo (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Marquide (S. Vicente de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de María (Úbeda) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Guitiérrez ( A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
34. Cristos do Alto das Fontelas (Cadavedo), da Igrexa (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), do Chivadoiro (Lagoa), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Gómez (Lagoa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Marquide (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de María (Úbeda) e de D. Diego (Úbeda); cruceiros de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián)
35. Cristos do Arandal (Bretoña), de Afoz (Bretoña), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Gómez (Lagoa), do Salvador (Pousada), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Marquide (S. Vicente de Reigosa), de María (Úbeda) e da Igrexa (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Guitiérrez ( A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
36. Cruceiros do Pontigo (Aguarda), do Fiouco (Cadavedo), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián)..
37. Cristos de Froilán (Lagoa), de Amorás (Loboso), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de María (Úbeda); cruceiros de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), de Gutiérrez (A Pastoriza) e do Venanciño (Vián).
38. Cristos da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo) e do Salvador (Pousada); cruceiros da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa.A Regueira), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
39. Cristo de Afoz (Bretoña); cruceiros da Praza (Bretoña), de Fomiñá (Fomiñá), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), do Campo da Festa (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián) e do Venanciño (Vián).
40. Cristo dos Viás (Vián); cruceiros do Fiouco (Cadavedo), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), do Vilar (Pousada), de Carballo (Santiado de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián) e do Venanciño (Vián).
41. Cristos do Foxo (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), da Igrexa (Cadavedo), das Antigas ( Corvelle), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa); cruceiros da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Pirís (Lagoa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián).
42. González Reboredo, José Manuel., Rielo Carballo, Nicanor., Santos San Cristóbal, Sebastián e Valiña Sampedro, Elías. Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T. I-VI, 1976-83.
43. Diario Oficial de Galicia, nº 18, 25-I-1990, páx. 743..
44. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páx. 99.

NOTA.- Os mapas de localización do concello de A Pastoriza foron realizados polo delineante José Cancio Fernández e as fotos dos cruceiros por Fernando Arribas Arias
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES