Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Es ti?

lunes, 24 de febrero de 2014
Onte mesmo, paseando polo Facebook, atopei o perfil dunha muller xove, cuxa faciana me soaba moito e o seu nome tamén, pero non estaba seguro dos apelidos. Polo que colgaba no seu muro, tampouco me atrevín a aseguar se era quen eu cría que podía ser. Por si acaso contiven as miñas maneiras dentro da prudencia e a edecuación necesarias, non fose meter a pata na mensaxe que lle mandase e crear un malentendido, sobre todo tratándose duhna dama. Hoxendía, na época do despiporre, compre andar máis avisados cá nunca, porque axiña te acusan de acoso, e logo en lugar de acariñar flores, énchenche a cara de merda.

Como había moitos anos que á suposta muller lle perderá a pista e eu seguía a pensar que a tal do perfil era unha rapaza que frecuentara nalgún tempo as miñas clases e moi aficionaba a disciplina que eu profesaba ( a Literatura ), non aturei perder a ocasión e saber dela e cómo lle ía. Foi daquela que lle ceibei unha cauta mensaxe, a medias entre laudatoria e curiosa. Máis ou menos así:

“Coido que eres quen eu penso. Pola foto parécesma. Polo nome apocopado, tamén. Pero non estou seguro. Dende esas alturas onde non sei se miras os amigos do Fecebook ou a inmensidade da vida. De todos os xeitos ¡quen estivera a túa altura! (na foto ela está no cume dunha montaña) ¿Desde onde estás agora poderías re-escribir un daqueles relatos desesperados como os que algún tempo argallaches en Franciscanos-Lugo? Que as musas te protexan e os sátiros te respecten. Ou como ti queiras”.

Xa dixen que a asignatura que eu explicaba naquel tempo era a Literatura Cast. e algunha tempada tamén Cultura Clásica. Isto aclara algúns termos da miña mensaxe. A ela dábaselle moi ben artellar relatos breves e historias de ficción moi interesantes e maduras para a súa idade. A cultura clásica a fascinaba moito, aínda que era moi liberal no andar, no vestir e no pensamento. Por iso mesmo, ao remate da miña mensaxe eu escribía: ” que as musas te protexan e os sátiros te respecten. Ou como ti queiras”. Ou sexa, encoméndeina a Deus e ao diaño. Durante os meus anos de docencia sempre procurei ensinarlle aos meus alumnos o respecto pola liberdade de conciencia e pensamento e a ética individual, daquela non quería estragar de súpeto a miña traxectoria, desexándolle tratos preferencias con musas ou ben con sátiros…Só quería saber, paréceme lóxica esta curiosidade, se era ela ou non, e cómo lle ía.

E miren vostedes o que é a vida. Como ao escribir estas liñas xa non recordaba as verbas exactas que empregara na mensaxe que lle tiña posto, clikeei o Facebook e velaí atopei a súa respostiña, esta: “Luca CP. Si son eu si,si. Grazas polas túas bonitas palabras. Imaxino que che gustará saber que o amor que nos trasmitías nas clases pola literatura, e, sobre todo, pola escritura, non decaeron. Todo o contrario, aínda sigo buscando tempo para escribir, e sería pola altitude, pero nesa viaxe ( unha estadía de investigación para a miña tese doutoral que fixen en México a finais do ano pasado ) as musas rondáronme moito.”

Vaites, vaites. ¡ Como é a vida! Cando eu pensaba falar neste articuliño sobre o relativismo e os balbordos enxenicados que nos degoran na conversa cotidiana de todos nós e todos eles, duns e doutros, en tódolos ámbetos, - políticos: levantiscos ou xacobinos -, nos nosos días e nas nosas noites, velaquí que todo é, polo que parece, máis sinxelo, máis doado, máis orixinal e polo mesmo único : lembranza, recoñecemento, agarimo, gratitude e esperanza certa.

Vaites, vaites.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES