Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ladaíña salvadora

lunes, 24 de febrero de 2014
Ou volvemos romper o Medo ou isto rebenta. Pouco podemos aguantar coa asfixia á que nos somete calquera Administración... a central, a autonómica e incluso a local. Todo sobe coma a espuma. Todo. E os soldos, un só soldo, baixa coma unha pinga de auga cando cae. Despois, para máis aquel, somos parvos de remate, xa que cada vez dámoslle máis votos ós que precisamente nos están afogando. E cando nos vemos entre o eixe e as rodas, acudimos á ladaíña salvadora: a culpa foi dos outros. A culpa sempre foi dos outros.

E non importa quen goberne; toda a culpa é dos outros. Cando un non quere apandar con ela, fórmase axiña unha comisión para buscar ós verdadeiros culpables, polo que hai que formar outras comisións máis pertencentes ás Comunidades Autónomas, que á súa vez forman outras para atopar ós culpables na administración municipal.

Logo de tanta análise, chégase á conclusión de que os culpables son os paisanos de a pé por facer un uso indebido da sanidade ou da educación, por exemplo.

O mellor é non estudar e rebentar detrás dunha xugada de vacas que tire dun veso ou dun arado de mosquito para volver sementar o monte Medo. Pero que todo sexa polo benestar dos nosos gobernantes. ¡Pobriños, nin saberán o que é un arado!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES