Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (II)

martes, 08 de noviembre de 2005
Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (II) Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (II) 2.9. Unha base formada por dous elementos: o inferior, pequeño, paralelepípedo e o superior de forma troncopiramidal coas caras moi oblicuas en cinco cristos e un cruceiro (20).
En relación ós elementos complementarios a base amosa un relevo ou relevos de cabezas humanas nos cristos do Foxo, de Caaveira (2) e do Arandal, pertencentes á parroquia de Bretoña, e nos de Xan Paz e de Rigueiro da parroquia da Lagoa. Presenta unha inscrición en tres cristos e once cruceiros. A inscrición normalmente fai alusión ás indulxencias concedidas polo bispo de Mondoñedo a tódalas persoas, que recen diante do cruceiro unha serie de oracións: painoso, avemaría, salve, credo etc; tamén soe mencionar ás persoas ligadas co cruceiro, así como a súa data de construcción.
Como exemplos representativos de inscrición facemos referencia ás dos seguintes cristos e cruceiros:

A. CRISTO DE MARQUIDE (S. VICENTE DE REIGOSA)
Cara Leste: “PROPIEDAD.../ DE PEDRO RIVAS/
CARBALLO /ESPOSO DE/ JOSEFA”

B. CRUCEIRO DO FIOUCO (CADAVEDO)
Cara Norte: “EL AÑO D 1891 SE HI / ZO POR
MANUEL DO/ CAMPO D
CADABEDO ES / TA OBRA Y
POR ANTONIO /

Cara Sur: QUE RECEN CON DE/ BOCION UN PADRENUES/
TRO UN CREDO O UN AC/TO DE CONTRICIÓN
DELANTE/

C. CRUCEIRO DE CARBALLO (SANTIAGO DE REIGOSA)
Cara Norte: “ES PROPIEDAD / D FRANCISCO NI
ETO LEDO/ AÑO D 1907/
Cara W.: YLMO SR / OBISPO DE MON / DOÑEDO
CONCE / DIO 40 DIAS DE YN / DULGENCIA...

D. CRUCEIRO DA IGREXA (VIÁN)
Cara NW.: “AÑO DE 1895 SE / HIZO ESTA OBRA /
POR JOSE RIBAS / BAZQUEZ DE VIÁN/

E. CRUCEIRO DO VILAR (POUSADA).
Cara Leste: “DEVOCIÓN / DE ANTONIO/
BAREIRO DÍAZ / FALLECIÓ/
EL AÑO DE 1910 / Y SU ESPOSA/
CÁNDIDA RANCAÑO / AÑO DE 1910/

3. O fuste é monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas biseladas no resto en once cristos e vintetrés cruceiros (22).
As caras do extremo superior están decoradas polos seguintes motivos:
3.1. Por unhas aspas (23).
3.2. Por unha custodia nos cruceiros de Xirómeno (Corvelle) e da Veiga do Crego (Pousada).
1.3. Por unhas rosetas no cruceiro da Igrexa (Vián).
1.4. Por unhas svásticas no cruceiro de Pirís (Lagoa).
1.5. Por uns roeis e rombos (24).
O resto do fuste está ornamentado en dazanove cruceiros polos instrumentos da paixón en relevo. A súa colocación nunha orde descendente é variable segundo facemos constar a continuación.

1. Cruceiro do Pontigo (A Guarda)
Dous cravos, un cravo, unha espada, unhas tenaces, un martelo e unha escaleira de oito banzos.
2. Cruceiro da Praza (Bretoña)
Unha escaleira de catro banzos, un martelo, unhas tenaces, un cravo e unha lanza.
3. Cruceiro da Parola (Bretoña)
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
4. Cruceiro do Fiouco (Cadavedo)
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de oito banzos.
5. Cruceiro de Xirómeno (Corvelle)
Un martelo, tres cravos, unha espada, unhas tenaces e unha escaleira de sete banzos.
6. Cruceiro do Cándido (Lagoa).
Tres cravos, un martelo e unhas tenaces.
7. Cruceiro de Pirís (Lagoa).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de once banzos.
8. Cruceiro de Gutiérrez (A Pastoriza)
Unha espada, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de oito banzos.
9. Cruceiro de Vilagromar (Pousada)
Tres cravos, unha espada, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de oito banzos.
10. Cruceiro do Vilar (Pousada)
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de sete banzos.
11. Cruceiro da Veiga do Crego (Pousada)
Dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
12. Cruceiro de Carballo (Santiago de Reigosa)
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
13. Cruceiro da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
Tres cravos, unha espada, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de nove banzos
14. Cruceiro de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
Dous cravos, unhas tenaces, un martelo e unha escaleira de dez banzos.
15. Cruceiro da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
16. Cruceiro do Carrizal (S. Vicente de Reigosa. A Regueira)
Dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
17. Cruceiro da Igrexa (Vián).
Tres cravos, un martelo, unhas tenazas, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
18. Cruceiro do Caxigo (Vián).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
19. Cruceiro de Venanciño (Vián).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha escaleira de nove banzos e unha espada.

4. O capitel mostra formas variadas:
4.1. Capitel de forma paralelepípeda en dez cristos (25).
4.2. Capitel de forma troncopiramidal invertida en vintedous cruceiros (26).
4.3. Capitel con ábaco no Cristo de Froilán (Lagoa) e nos cruceiros de Fomiñá (Fomiñá), do Campo da Festa (Pousada) e no da Igrexa (A Regueira).
4.4. Finalmente hai capiteis moldurados nun cristo e en sete cruceiros (27).
Con respecto á decoración este elemento artístico amosa diferentes temas:
A. Follas de acanto nos cruceiros de Fomiñá (Fomiñá) e do Campo da Festa (Pousada).
B. Merlóns nos cruceiros do Pontigo (Aguarda), de Vilagromar (Pousada) e do Vilar (Pousada).
C. Un colariño no cruceiro da Praza (Bretoña).
D. Querubíns e volutas en dazanove cruceiros (28).

NOTAS
20. Cristos do Foxo (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), de Xan Paz (Lagoa) e da Igrexa (Vián); cruceiro de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
21. Cristos da igrexa (Cadavedo), de Marquide (S. Vicente de Reigosa. A Regueira) e dos Viás (Vián); cruceiros do Pontigo (Aguarda), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), do Vilar (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa), da igrexa (Vián), do Caxigo (Vián), do Venanciño (Vián).
22. Cristos do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Regueiro (Lagoa), de Amorás (Loboso), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Igrexa (S. Vicente de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
23. Cruceiros da Parola (Bretoña), de Xirómeno (Corvelle), do Cándido (Lagoa), de Carballo (Santiago de Reigosa) e do Caxigo (Vián).
24. Cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), do Cándido (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa) e do Caxigo (Vián).
25. Cristos do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Amorás (Loboso) e de Cervelo (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
26. Cruceiros de Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Campo da Festa (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa), da “ Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
27. Cristo de Froilán (Lagoa); cruceiros de Fomiñá (Fomiñá), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Igrexa (S. Vicente de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa) e de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira).
28. Cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES