Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos e Cruces do Concello de A Pastoriza (I)

martes, 08 de noviembre de 2005
I.- INTRODUCCIÓN
Cando facíamos o traballo de campo, observamos que as xentes deste concello distinguían entre cruceiro e cristo, aplicando esta última denominación a un tipo de cruceiro de menor tamaño, cun varal e capitel menos traballado (cando o presentan) pero co relevo ou efixie de Cristo, característica que os distingue das cruces. Estes cristos poden ser de tres tipos:
1. Os que semellan rústicos cruceiros (como o de Amorás, Froilán, etc...).
2. Os que non teñen fuste nin capitel (como o da igrexa, do cimeterio, do Chivadoiero, etc…).
3. Os que aparecen baixo unha cuberta (como o de Afoz e D. Diego).
Varios destes cristos (Foxo, Caaveira, Arandal, Romeiro, Centro de Saúde, Alto das Fontelas, Antigas...) presentan características moi semellantes (base troncopiramidal, fuste e capitel dunha soa peza, relevo de Cristo, etc.) o que nos leva a suponer que foron construidos pola mesma man ou que un deles serviu de modelo para os demais, se ben inclínamonos pola primeira das opcións.
Polo que respecta ós cruceiros, hai que dicir que non teñen diferencias acusadas cos do resto da comarca chairega, agás o detalle de que nos instrumentos da paixón, que aparecen no fuste de varios deles, non figura a lanza.
Neste traballo imos facer un breve resumo dos cristos e cruceiros deste concello atendendo a unha serie de temas: parroquia, situación que ocupan, propiedade, conservación, elementos da súa composición, policromía, materiais empregados e bibliografía utilizada.

II.- TIPOLOXÍAS
Neste concello atopamos vinteoito cristos e vintetrés cruceiros distribuidos por parroquias do seguinte xeito:
1. Un cruceiro na de Aguarda.
2. Sete cristos e dous cruceiros na de Bretoña.
3. Tres cristos e un cruceiro na de Cadavedo.
4. Un cristo e un cruceiro na de Corvelle.
5. Un cruceiro na de Fomiñá.
6. Seis cristos e dous cruceiros na de Lagoa.
7. Un cristo na de Loboso.
8. Un cruceiro na de A Pastoriza.
9. Un cristo e catro cruceiros na de Pousada.
10. Dous cristos e dous cruceiros na de Santiago de Reigosa.
11. Dous cristos e cinco cruceiros na de S. Vicente de Reigosa.
12. Tres cristos na de Úbeda.
13. Dous cristos e tres cruceiros na de Vián.
En relación á situación encontramos seis cristos e tres cruceiros nun cruzamento de viarios (1), dez cristos e oito cruceiros o carón dun viario (2), dous cristos e dous cruceiros no adro da igrexa (3), once cristos e nove cruceiros no interior dunha propiedade (4) , un cristo e un cruceiro na vila de Bretoña (5), un cruceiro na vila de A Pastoriza (6), un cruceiro nos lindes entre concellos (7), un cristo no interior dun cemiterio (8) e catro cristos e un cruceiro o carón do antigo camiño real a Mondoñedo (9).

Referente á propiedade, mentres que doce cristos e seis cruceiros teñen propiedade pública (10), catorce cristos e dazasete cruceiros teñena privada (11).
Con relación a súa conservación encontramos nove cristos e once cruceiros, que teñen algún elemento artístico ou máis deteriorados (12).
Por outra banda os elementos de composición dámbolos dous monumentos, que estamos analizando, son uniformes, como xa vimos na introducción, nos cruceiros, máis non nos cristos. Esta diferenciación queda reflectida da seguinte maneira:
1. A plataforma amosa un chanzo en sete cristos e en dous cruceiros (13), dous en tres cruceiros (14), tres en nove cruceiros (15), e catro no cruceiro da Veiga do Crego (Pousada). Tamén hai seis cristos e dous cruceiros que non posúen plataforma (16).
2. A base amosa diferentes modalidades:
2.1. Unha base cúbica cunha moldura cóncava nas arestas superiores no cruceiro de Fomiñá (Fomiñá).
2.2. Unha base monolítica de forma troncopiramidal en seis cristos e un cruceiro (17).
2.3. Unha base monolítica de forma troncopiramidale coas arestas superiores redondeadas en dous cristos e catro cruceiros (18).
2.4. Unha base composta de dous elementos: o inferior de forma paralelepípeda e o superior cunha moldura en caveto cos bordos superiores redondeados e un pequeño filete rematando o conxunto no cruceiro de Pirís (Lagoa).
2.5. Unha base de dous tramos: o inferior de forma paralelepípeda e o superior cunha moldura en caveto no cruceiro da Igrexa (S. Vicente de Reigosa).
2.6. Unha base cun primeiro elemento paralelepípedo e un segundo troncopiramidal no cristo de Afoz (Bretoña) e nos cruceiros do Pontigo (Aguarda), de Gutiérrez (A Pastoriza) e do Vilar (Pousada).
2.7. Unha base formada por dous tramos troncopiramidais de distinta inclinación no cristo do Cemiterio (Cadavedo).
2.8. Unha base de dous tramos: o inferior de forma paralelepípeda e o superior troncopiramidal coas arestas superiores redondeadas en dous cristos e cinco cruceiros (19).

NOTAS
1. Cristos do Arandal (Bretoña), de Afoz (Bretoña), da Igrexa (Cadavedo), de Rigueiro (Lagoa), de Marquide (S. Vicente de Reigosa. A Regueira) e dos Viás (Vián); cruceiros de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada) e de Carballo (Santiago de Reigosa),
2. Cristos do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Romeiro (Bretoña), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), de Gómez (Lagoa), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa) e de D. Diego (Úbeda); cruceiros do Pontigo (Aguarda), de Fomiñá (Fomiñá), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa. A Regueira) e do Caxigo (Vián).
3. Cristos de Amorás (Loboso) e da Igrexa (Vián); cruceiros da Igrexa (A Regueira) e (Vián).
4. Cristos de Luxilde (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), de Afoz (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro (Santiago de Reigosa) e de Cervelo (A Regueira); cruceiros do Pontigo (Aguarda), de Xirómeno (Corvelle), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (A Rigueira), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (A Regueira) e do Venanciño (Vián).
5. Cristo do Centro de Saúde e o cruceiro da Praza.
6. Cruceiro de Gutiérrez.
7. Cruceiro do Fiouco (Cadavedo).
8. Cristo do Cemiterio (Cadavedo).
9. Cristos do Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), do Romeiro (Bretoña) e dos Viás (Vián); cruceiro de Pirís (Lagoa).
10. Cristos de Luxilde (Bretoña), do Foxo (Bretoña), do Centro de Saúde (Bretoña), de Afoz (Bretoña), da Igrexa (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), de Froilán (Lagoa), do Chivadoiro (Lagoa), de Amorás (Loboso), de D. Diego (Úbeda), dos Viás (Vián) e da igrexa (Vián); cruceiros da Praza (Bretoña), da Parola (Bretoña), de Fomiñá (Fomiñá), do Campo da Festa (Pousada), da Igrexa (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), da Igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián).
11. Cristos de Caaveira (Bretoña), do Arandal (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), das Antigas (Corvelle), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de Gómez (Lagoa), do Salvador (Pousada), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Rigueiro de Maneche (Santiago de Reigosa), de Marquide (A Regueira), de Cervelo (A Regueira) e de María (Úbeda); cruceiros do Pontigo (Aguarda), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), do Cándido (Lagoa), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da “Casa de Sergio de Maneche” (Santiago de Reigosa), de Carballo (Santiago de Reigosa), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de Teixeiro ( S. Vicente de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), do Caxigo (Vián) e do Venanciño (Vián).
12. Cristos de Luxilde (Bretoña), do Romeiro (Bretoña), de Afoz (Bretoña), das Antigas (Corvelle), do Chivadoiro (Lagoa), de Xan Paz (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de María (Úbeda) e de D. Diego (Úbeda); cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Parola (Bretoña), do Fiouco (Cadavedo), de Xirómeno (Corvelle), de Pirís (Lagoa), do Vilar (Pousada), da Veiga do Crego (Pousada), da Castiñeira (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa), da Igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián).
13. Cristos dos Foxo (Bretoña), de Caaveira (Bretoña), de Afoz (Bretoña), das Antigas (Corvelle), de Froilán (Lagoa), de Gómez (Lagoa) e da Igrexa (Vián); cruceiros de Xirómeno (Corvelle) e de Fomiñá (Fomiñá).
14. Cruceiros da Igrexa (S. Vicente de Reigosa. A Regueira), de Teixeiro (S. Vicente de Reigosa) e do Venanciño (Vián).
15. Cruceiros do Pontigo (Aguarda), da Praza (Bretoña), de Pirís (Lagoa), de Gutiérrez (A Pastoriza), de Vilagromar (Pousada), do Vilar (Pousada), de Carballo (Santiago de Reigosa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa) e da Igrexa (Vián).
16. Cristos de Luxilde (Bretoña), do Alto das Fontelas (Cadavedo), do Cemiterio (Cadavedo), da “Casa de Currás” (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa) e de Andrés (Santiago de Reigosa); cruceiros do Fiouco (Cadavedo) e do Campo da Festa (Pousada).
17. Cristos do Centro de Saúde (Bretoña), das Antigas (Corvelle), do Chivadoiro (Lagoa), de Rigueiro (Lagoa), de Andrés (Santiago de Reigosa), de Cervelo (S. Vicente de Reigosa); cruceiro da Veiga do Crego (Pousada).
18. Cristos de Marquide (S. Vicente de Reigosa) e dos Viás (Vián); cruceiros do Fiouco (Cadavedo), do Cándido (Lagoa), da “Casa do Couto” (S. Vicente de Reigosa), do Carrizal (S. Vicente de Reigosa).
19. Cristos de Caaveira (Bretoña) e de Gómez (Lagoa); cruceiros da Parola (Bretoña), de Xirómeno (Corvelle), de Carballo (Santiago de Reigosa), da igrexa (Vián) e do Caxigo (Vián).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania