Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O timo da luz

jueves, 20 de febrero de 2014
Desde o Preguntoiro: O timo da luz

Un dos grandes erros neste país foi privatizar o sector enerxético con ese eufemismo de “libre mercado”, na actualidade esa libre competencia no abarataron os prezos, senón que seguen subindo como a escuma. O máis estarrecedor é que desde que chegou a crise (estafa) as eléctricas embolsaron no seu bandullo cobizoso máis de 21.000 millóns de euros, ou sexa, desde 2007 ata 2013 ao paisano medio xa leva pagado 360 euros máis.

Teñen unha cara de cemento armado, o digo pola entrevista que Jordi Évole fíxolle ao presidente das eléctricas, un “jetas” de nome Eduardo Montes, entre outras cousas que dixo foi a comparación da luz coas sardiñas. Isto é querer engaiolar ao pobo, non sei cando isto vaise a parar; cando rematará o “chollo” destes chourizos que están a encher os petos quitándolles o máis necesario aos cidadáns. E para máis carallo, cada vez entendo menos o recibo, vai ser que teñamos que facer un curso sobre o tema, dubido que aprendamos, pola sinxela razón que ata Albert Einstein o lograra entendelo.

Éncheselles a boca falando de “libre mercado” liberalismo e que temos que asemellar a Europa. Pois que o fagan: En Francia a ADF, unha das maiores empresas de Europa produtora de electricidade está nacionalizada, é estatal, nin o neoliberal Sarkozy intentou privatizala. Nesta “marca España” o fixo Felipe González (socialista en corpo e alma) e o Sr. das Azores Aznar, rematando agora nos seus consellos de administración.

O que está a pasar con “prezo da luz” é unha proba evidente que os servizos públicos básicos como é a enerxía que é un ben do pobo non se poden deixar en mans privadas. Por fin, o grupo de IU no Parlamento piden o que é máis evidente: a nacionalización das empresas de enerxía. Hai que nacionalizar este sector que estaba en mans do estado e que os partidos da alternancia foron cómplices na súa privatización, poñéndoa en mans duns “amigotes” e patriotas de postal.

¿Que é iso do déficit de tarifa?. Iso o entendo como o timo da estampita. Se tes beneficios, non podes ter déficit, todo isto é un cachifallo fedorento ao estilo Vito Corleone.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES