Unha caña e unha milfollas da Madarro
García Mera, Germán - martes, 18 de febrero de 2014
Soño un pouco nun arrolo do ceo,
nun silencio dourado e sinto
nos sorrisos das orquídeas,
a dozura das formas expostas nas
lacenas da alma.
Sinto as sensacións da liberdade
no desexo da gloria e saio ledo a ver o mundo.
Estimados lectores, dúas pezas dun profundo aroma de ceo, de liberdade e de fantasía, permitíronme escribir estes anacos de sentimentos mentras gozaba, si, dunha caña e unha mil follas da confitaría Madarro, ás portas do Ies Lucus Augusti, á procura da miña filla.
Non sei como adornar dunha lírica envoltura as sensacións que estas pequenas pezas espertan na miña alma pero, veciños, síntome nas nubes do ensoño cando entro neste espacio de luz e co sorriso da amabilidade obteño as pezas da gloria. Unha caña e unha milfollas da confitaría Madarro.
García Mera, Germán
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora