Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pavanas e sinfonías (patéticas)

lunes, 17 de febrero de 2014
Hai 115 anos, Maurice Ravel escribiu a “Pavana para unha infanta difunta”, suponse que na honra da princesa Margarita Teresa de España, filla do rei Felipe IV.

A pavana, procedente de Italia mesmo no nome (“padovana”, pavana, de Padua), é unha danza renacentista, que aparece a mediados do século XVI, vindo a ser unha danza procesional e polo tanto lenta, lánguida, que Ravel elevou de rango ao dedicarlla a unha princesa.

Coido que nestes tempos difíciles, tempos nos que se supón que as artes están chamadas a momentos de gloria, pola necesidade dos creadores de aguzar o inxenio, non faltará un compositor que poña música –sexa ou non unha Pavana- ao suplicio dunha Infanta, sometida ás “xerais da Lei”, en igualdade de condicións que calquera hispano deste tempo.

Nunca ata agora se vira a un membro da Familia Real declarando diante dun xuiz por problemas coa Xustiza. É a constatación certa de que os membros da familia reinante deixaron de ser inviolables, e coma todos nós, deben responder do que fagan ou non fagan. Esto é moi bo polo que ten de exemplaridade, de igualdade. Significa que rematou o tempo de sacralización da monarquía. É malo porque iso dimana de comportamentos dubidosos en persoas que noutro tempo houberan pasado totalmente desapercibidos.

Prima o bo da cuestión, porque agora parece que luz e taquígrafos van afectando a todos, e que do Rei abaixo ningún, como quería o clásico –nin siquiera o Rei- pode sustraerse á contemplación, o xuizo do seu proceder.

Quizais non sexa unha pavana a música máis axeitada para unha infanta en apuros. Unha “Sinfonía Patética” quizais se lle acomodase máis, aínda que moi posiblemente o autor non debería agardar para o seu traballo por unha subvención oficial.

De ser unha “Sinfonía Patética”, podería utilizarse profusamente non só cando se trate dunha Infanta, senón tamén no caso de concelleiros, alcaldes, gobernantes en xeral aos que tamén compre poñerlles música, porque o baile xa ven incorporado, moito antes do Antroido, pero coa mesma falta de seriedade e falta de vergoña.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES