Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O bulleiro da memoria

lunes, 17 de febrero de 2014
Quedo no chan tendido sobre a lama e un sapoconcho pasa por enriba da miña perna dereita. Estou cheo de mazaduras porque unhas palabras políticas escritas sobre o bulleiro da memoria doéronlle a quen ían dirixidas.

Contratou a tres sicarios para que me deran o aviso dun comportamento sinxelo e con caricaturas amables. ¡Compórtate, rapaz!, espetáronme. ¡A min, que xa non son un rapaz!

En cada golpe ía unha cadea coa que querían que me atara a un barrote. ¡Pobres infelices!; ¡non saben a quen queren calar! Aínda tendido na lama xa levo escritas sobre esta catro liñas cheas de corrupción e compravenda de favores.

O propio sangue dálle cor á rabia dunha política podre, á impotencia dun ladroízo á costa dos máis débiles. Nin os golpes máis duros me farán morder o silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES