Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha carta apodrecida

jueves, 13 de febrero de 2014
Desde o Preguntoiro: Unha carta Apodrecida

Hai uns dez días recibín unha carta da ministra do Desemprego e Inseguridade Social Fátima Báñez, informándome sobre a revalorización da pensión en 0,25%. Ao día seguinte chégame outra carta do “Instituto Social de la Marina”, dependente do mesmo ministerio, onde cóntanme que retéñenme o 1,26%.

De que vai esta señora, ou sexa que o que me daba para un café no mes, logo convértese nun empeño. Para iso gasta papel, sobre e correos para dicirllo a preto de oito millóns de pensionistas. Gastou máis nesa propaganda política que en notificalo adecuadamente. Fala de revalorización, pero nada di da subida do IPC.

Na carta propagandística di: que traballa moito para conservar un sistema de pensións sólido, estable e solidario de todos para todos. Esta muller aínda non foi este ano a pedir pregarias á Virxe do Rocío. Non fala que están a cargarse o sistema tal e como estaba establecido, fixo do fondo de pensións da Caixa Seguridade Social unha veiga aberta para invertelo en “Deuda do Estado” (14.000 millóns de euros este ano), para pagar algún que outro “pufo” da Administración; dentro de pouco vai deixar seco o fondo e imos quedar sen el.

Esta troleira, fala nesa goobeliana carta de “solidario”. ¿A quen quere engaiolar?. ¿É que vai ser solidario que os mozos de hoxe na idade de traballar van ter algunha pensión?. O que esta Señora está facendo é emporcallando a Seguridade Social tratando de encherlle o bandullo á banca neses plans de pensións privados.

Señora Fátima, cando me chegou a carta pola mañanciña rematei cun cabreo de moito carallo, cando estaba moi tranquilo antes de abrir o sobre. Vaiase vostede coas súas charramangueiras de “listilla” a contarlle esta historia aos estropallos das lareiras. Remata coa súa larapeta de insultar a miña pequena intelixencia, tamén de moitos que non tragan a súa propaganda política cos cartos do pobo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES