Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo Senior é unha gozada!

jueves, 13 de febrero de 2014
Din alí:

“XUVENTUDE, DIVINO TESOURO”

Estou totalmente de acordo que na xuventude está o futuro, a vitalidade, a fermosura e outros moitas boas cualidades desta etapa da vida.
Eu levo vivido xa varias xuventudes, por eso me sinto xove por dentro e intento ser o máis xovial que podo para relacionarme co mundo que me rodea.
De feito atópome moi cómoda coas persoas que me rodean, calquera que sexa a idade cronolóxica que posúan.

Por razón de idade cronolóxica, tócame relacionarme coas persoas da miña quinta e de participar naquelas actividades que son propias desta etapa da vida.

Ultimamente participei por primera vez nun circuito cultural do Mundo Sénior programado polo IMSERSO, dependente do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais.

Foi unha experiencia moi enriquecedra aínda que cando vin un indicador que poñía “Mundo Sénior” teño que confesar que me quedaba algo grande; pero era o que tocaba e había que aproveitalo.

Saín da casa coa intención de permanecer no anonimato porque non coñecía a ninguén e tampoco estaba moi convencida de que aquelo fora para min.

Pero... xa me encontrei no aeroporto cun grupiño de persoas encantadoras que xa tiñan experiencias deste tipo e despois da presentación de rigor, resulta que unha desas persoas tiña parentes na miña aldea.
A partir dese momento, a miña intención de pasar de incógnito xa quedou a un lado. Aquelas persoas xa permaneceron unidas a min en toda a viaxe porque nos encontramos cómodos mutuamente e máis – coincidencias da vida- eu era veciña dos seus parentes e elas eran veciñas dos meus parentes.

Xa no lugar de destino, resultou que había no mesmo hotel un grupo catalán, outro vasco e máis o noso.
Estaba toda unha representación do norte de España reunidos no sur da península.
Obsevando un pouquiño notábanse tres idiosincrasias distintas: o vasco moi falangueiro, o catalán moi movido e o galego moi familiar. Eu pertenzo ó galego, aínda que os admiro a todos.

Por idades, os cataláns gañaban con viaxeiros nonaxenarios que corrían moi espilidos para busca-lo sustento nun bufet libre.

Eu ía algo limitada por culpa dunha tendinite pero cando miraba para persoas con bastón ou con muletas, pensaba moi positivamente e dicía para os meus adentros:
“A este paso a min aínda me quedan uns cuantos anos...”

Aquelas persoas anciás por fóra pero xoves por dentro déronme unha gran lección. Aprendín moitas leccións nestes tempos de crise.

Permítame que faga unha paréntese para pensar en alto o que se me está pasando pola miña cabeza neste momento.

(Pregúntome eu. ¿cando non houbo crise? De que eu saiba, sempre; pero non tiñamos tempo para pensar nela e aplicámonos a superala).

Sigo con algunhas das leccións que aprendín:

1.- “O mundo Sénior move cartos, dá traballo, xera riqueza e dá exemplo ós xoves”

2.- “ Mundo Sénior é moi importante en tempos de crise”

3.- “O Mundo Sénior é un tesouro para a sociedade.”

-O mundo Sénior move cartos, non tantos como quixera, pero algúns si. Teño oído que os cartos son para mover. Se non se moven, non valen para nada.

-O Mundo Sénior dá traballo ás empresas de transporte: a metade dos pasaxeirtos do avión éramos séniors e o autobús que nos trasladou durante a nosa estancia no lugar de destino, moito me temo que viva deso durante todo o ano.

-O Mundo Sénior dá traballo ó sector do turismo: axencias de viaxes, guías, hostelería, comercio, monumentos, cafés, espectáculos...

-O Mundo Sénior dá vida os xoves, xerando postos de traballo, alivio ás familias que teñen os seus proxenitores ben ocupados e ben atendidos durante uns días e..

¿Por que non dicilo?

Estimula ós xoves para chegar a maiores con ganas de seguir disfrutando de cada etapa da vida.

-O Mundo Sénior xoga un papel moi importante en tempos de crise porque é o “colchón” no que se apoian moitos xoves en apuros económicos e porqe xera postos de traballo: turismo, xeriátricos, hospitais e por fin funerarias (que desto tamén viven moitas familias).

Por todos estes motivos e por outros moitos chego á conclusión de que pertencer ó Mundo Sénior é unha gozada porque che permite disfrutar desta etapa despois de ter superado con máis ou menos éxito as anteriores.

Alégrame pertencer ó Mundo Sénior porque –grazas a este circuito cutural- puiden comprobar que pertencer a este grupo é un privilexio por moitas razóns, entre elas:

-Ter tempo libre para axudar en labores altruístas dando o mellor de ti e da túa experiencia vital.

-Ser “colchón” para outros nas súas necesidades.

-Poder aprender o que noutras etapas da vida non puideches.

-Poder contemplar co serenidade as diferentes etapas da vida sen sustos nin sobresaltos porque cada problema trae consigo a súa solución.

-Poder aproveitar ó máximo os cartuchos que nos quedan aínda que teñamos que ir poñendo un parche aquí e outro alí.

-Comprobar que esta etapa é unha etapa para disfrutar e para ser feliz aceptando as limitacións que nos pon a vida por lei natural.

-E que se ben é certo que a xuventude é un divino tesouro, a senectude é outro igual de importante que a infancia, a adolescencia, ou a adulted. Cada maio ten a súa flor.

¡FELICES AS PERSOAS QUE PODEMOS DISFRUTAR DE TÓDALAS ETAPAS DESTE DON DE VALOR INCALCULABLE QUE É A VIDA!

Non fai falta dicir que os que agora estamos nesta etapa, xa pasamos pólas anteriores com moitas estreituras incluídas e os nosos pais por moitas máis.

Segurísimo que demos moito que criar, pero os nosos ascendentes non tiñan medo ó risco, ou se o tiñan botábanlle moito valor á vida e hoxe estámoslles moi agradecidos.

Por eso quero facer unha chamada á xuventude de hoxe, para que arrisquen polo futuro e pola vida.
Necesitamos sangue novo.

A vida irá dando solucións os problemas que vaian xurdindo.

A necesidade obriga a superarse para conseguir o futuro que cada quen desexa para si e para os seus.

A necesidade é unha forza misteriosa da que todos temos que botar man en moitas ocasións.
É a forza dos pobres, a forza dos loitadres, a forza dos que temos fe nun futuro mellor, por eso move montañas.

Quixen escribir este artigo baseándome na experiencia que tiven co Mundo Sénior para todas aquelas persoas que se dignen lelo porque se son xoves comprobarán que aínda le quedan moitas etapas que gozar.
E se non son tan xoves,é porque xa levan disfrutado moito e tamén comprenden que o tempo no corre; voa.
Hai que aproveitalo ó máximo porque o tempo pasa moi rápido e non volve, pero como temos ganas de gastar unhas mangas novas, aínda nos queda moito que disfrutar e moito que aprender para poder disfrutar compartindo o que temos e o que somos.
Porque: O MUNDO SÉNIOR É UNHA GOZADA.

Se é vostede unha persoa de poucos anos ou se xa ten algún tempo andado, o vindeiro xoves intentarei escribir un artigo titulado:
“ENVELLECER BEN”

Espero que lle guste
Graciñas
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES