Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os reis da creación

miércoles, 12 de febrero de 2014
Hai unha película, para min digna das mellores loubanzas, “El hombre bicentenario”, protagonizada por Robin Williams, de ciencia-ficción pero cunha grandísima carga social, que lembrei ao fío desta meditación.

Nesta película, baseada no mundo da robótica de Isaac Asimov, un robot con capacidade de razoar e decidir, polo seu carácter de permanencia, contempla o paso do tempo dunha familia e dunha sociedade, mentras el permanece no mesmo estado e situación.

Algo así nos sucede ás persoas de hoxe... Non é que vaiamos durar douscentos anos, senón que por diante de nós pasan máis acontecemento agora nunha década que antes neses douscentos teóricos anos. Xa se ten dito que na segunda metade do século XX, ocorriron máis acontecementos, inventouse máis, avanzouse máis que en toda a historia anterior.

Interveñamos ou non, estamos inmersos nunha sociedade con vida uniformemente acelerada, onde cada vez pasan máis cousas, se nos informa de máis acontecementos, e cada vez estamos máis alterados, en tensión, en marcha.

Isto ocorre na política, na economía, nas artes, nas ciencias, nas letras... porque os medios de difusión conseguiron ser –conseguimos, que algo nos toca- omnipresentes, cubrir toda a superficie mundial e máis alá, e proporcionar a sensación de que o ser humano individualmente segue a ser o Rei da creación, aínda que se nos paramos a pensar veremos que non todos os seres humanos.

Tamén dentro da ciencia-ficción se xoga co concepto de que un día de mañá os seres humanos poidamos ser dominados polas máquinas, para as que xa non seremos necesarios. E se o pensamos ben, ao mellor ese tempo xa chegou, metafóricamente falando. Xa somos como máquinas, xa nos convertiron en máquinas... xa nos quedan poucos resquicios para a nosa humanidade. Ou sexa que, os que gobernan en realidade, os que controlan todo, son os seres humanos verdadeiros, os reis da creación. Nós temos o papel de testemuña de que os acontecementos pasan, pero sen intervir na súa dinamica.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES