Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xoán Rubia canta a Díaz Castro

miércoles, 12 de febrero de 2014
A música e a poesía han ir sempre da man, aínda que hai historiadores que van máis aló e especulan con que a poesía naceu da música. A poética da música ou a musicalidade da poesía, velaí o aparente dilema, digo aparente porque é falso. A realidade e que estamos diante dun gran binomio, pois un e outro xénero teñen personalidade propia, compleméntanse, son auténticos alimentos da alma e do espírito, cando non vehículos sonoros dos anhelos e queixidos do ser humano.

Descoñezo se Díaz Castro recorreu á música, como fonte, como estímulo, como estado de ánimo. É un tema que non me soa -falo de memoria- que fose tratado entre os estudiosos do poeta. Teño que lembrar respecto diso que no Seminario estudábase música desde os primeiros cursos. Alí, en Mondoñedo, aprendín eu algo de solfexo, hoxe totalmente esquecido para o meu pesar, e cheguei a recrearme nos matices do gregoriano, ademais de ser captado de moi novo (voz de tiple) para a "schola cantorum".

Persoalmente, foi unha experiencia que me marcou. Espertar coas estacións de Vivaldi era abrir o camiño á sensibilidade dos grandes mestres. As voltas que dá a vida. Antes madrugaba con Vivaldi, agora déitome escoitando ao músico e compositor italiano, entre outros.

Vén esta consideración previa a conto de que o amigo cantautor mugardés Xoán Rubia sorprendeume un día, bastante antes de que a RAG designase a Díaz Castro para as Letras Galegas, cunha composición musical que leva a letra do poema Penélope. Decatado de que o que subscribe tiña un grao de parentesco co vate chairego remitiume o traballo en maqueta. Gustoume moito. Está na súa liña interpretativa con sobria instrumentación e magníficos rexistros de voz, como non podía ser doutra maneira. Ao coñecerse a noticia da Real Academia Galega díxenlle que a ocasión para estrear a súa obra musical estaba servida. Pedinlle autorización e un día destes incorporareina á miña páxina de facebook.

Xoán Rubia únese desta maneira, como xa o fixo ao longo da súa carreira con outros poetas, á exaltación da lírica cantando a Xosé María Díaz Castro. Desde Mugardos para Os Vilares de Parga, desde Ferrolterra para Galicia e para o mundo.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES