Choros de impotencia
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de febrero de 2014
Deixo que o eixe do carro berre pola rúa da Igrexa arriba e vexo como as rodas de madeira, con ferraxes de ferro, choutan ante a desigualdade das pedras.
Hai músicas labregas que van moito máis alá dun berro seco cheo de escravitude infantil. Deixo que a xugada das vacas se deteña ante o palleiro a medio facer da Aira d´Arriba.
O eixo do carro xa non se queixa e deixa de dar voltas. As rodas acougan á espera de que o rapaz, escravo, descargue, co suor da súa fronte, o carro cheo de herba seca.
Hai momentos labregos nos que certas músicas son choros de impotencia por unha vida que vai moito máis alá dunha educación infantil.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora