Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que me cae mal

viernes, 07 de febrero de 2014
Non é que os bancos me caigan mal polo papel que xogan na sociedade. En xeral, cáeme mal toda persoa ou entidade que ten unha posición de privilexio na sociedade, e que abusa del. Sexa unha gran compañía subministradora de enerxía, un emporio telefónico ou calquera monopolio, que na práctica seguen a existir aínda que nos vendan a moto do libre mercado e da posibilidade de que o consumidor elixa libremente. Os nosos devanceiros tiñan para estas situacións, xa daquela, un clarísimo refrán que proclama. “Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón”. Que conste que esto é, unicamente, unha cita galega histórico-social.

Antes, as compañías subministradoras ían polos domicilios comprobando contadores, e logo pasaban os cobradores coa correspondente factura. Agora, obrígannos pola súa comodidade a que paguemos a través dunha conta corrente, ou fagamos o pago a través dunha entidade bancaria.

A comodidade é doble, pero non para o usuario: Para a compañía e para o banco. Unha, porque ten garantido o cobro, outro porque ten ao seu dispor adiantado o diñeiro do pago.

E para o que non ten, ou non pode ter, conta corrente para o pago, castigo ou restriccións para que canse e acabe por abrir unha bendita conta.

Nunha das últimas visitas que fixen a unha das máis importantes entidades bancarias do estado e polo tanto de Lugo, vin un cartel coas condicións que se impoñen a todos os que vaian pagar recibos a aquela entidade: Somente poderán efectuar pagos de recibos ou facer ingresos ás compañías subministradoras de servicios os martes e os xoves, exclusivamente entre os días dez e vinte de cada mes, e unicamente entre oito e media e dez e media da mañá.

É unha solemne tomadura de pelo por parte desa entidade bancaria e de calquera outra que aplique esas restriccións, que unicamente benefician á entidade e colocan nunha situación de inferioridade e indefensión absoluta a persoas que non queren ou non poden manter unha conta corrente na que domiciliar os seus recibos. E iso a min paréceme moi mal. En casos así, os bancos cáenme mal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania