Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha farsa histórica

jueves, 06 de febrero de 2014
Desde o Preguntoiro

O informe do relator especial da ONU manifesta que España é o único país que despreza o sufrimento e os dereitos das vítimas do xenocidio levado a cabo polo xeneral golpista Franco, España ten que atopar a verdade, a xustiza e a reparación dos crimes.

Hoxe este país é o segundo do mundo con máis mortos enterrados en fosas comúns, superado por Camboia de Pol Pot. Isto non será moi doado o ter que recoñecer que os seus netos, ( os que hoxe séntase en órganos do poder) non movan nin un dedo para acatar as resolucións das Nacións Unidas.

A lei de Amnistía de 1977, é o alicerce da chamada transición, é o nu da corda dese paquete do atado é ben atado. Esta Amnistía rematou coa impunidade aos criminais de guerra, liberdade aos detidos políticos da ditadura, retorno dos exiliados, esquecemento dos mortos e desaparecidos, negación do dereito a reclamo algún dos familiares das vítimas, a non revisión do pasado e con isto tratar de consolidar unha versión oficial terxiversada e falsa da historia de España do século XX.

A esa negociación, a esquerda deste país foi como unha das forzas derrotadas, chegando a capitular. Agora ante os problemas que temos, non son máis que aquela apodrecida política de baixada de pantalóns. Cando digo esquerda, refírome ao responsable do PCE, Santiago Carrillo, porén, non só a esta forza, senón a outras correntes políticas, das que todos sabemos moi ben.

Neste país tampouco houbo unha depuración das forzas de seguridade da BPS, (torturadores, asasinos) ao contrario, foron co tempo destinados a cargos de libre designación: delegados de goberno, comisarios en comisarías, comisarios xefes da Policía Nacional en grandes cidades, directores e instrutores da escola de policía, outros estiveron na escolta da Casa Real e case todos eles condecorados moitas veces coa Cruz ao Mérito Policial. Na Revolución dos Caraveis en Portugal, a policía política PIDE foi depurada dun plumeiro, ata moitos deles tiveron que fuxir do país.

Na actualidade estamos pagando aqueles cachifallos, ou sexa, daqueles pos viñeron estes bulleiros.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES