Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así o sentín

miércoles, 05 de febrero de 2014
Viaxei á Capela Sixtina da lucenza poética.

-espazo arlequinado de cores brancas, azuis, ocres e vermellas- escoitei as campás da gloria.

Sons da Poética da viaxe esvaran pola gorxa do silencio afogado de Otero Canto, xílgaro caroal, voando coas rodas e as ás da esperanza á procura dos ollos da súa vida.

Bágoas de soño xorden nos anxiños bachareis acovardados no nimbo da ilusión escoitando anacos de poesía.

O mestre de cerimonia -xigante de pelo branco, ás de bolboreta- engada o espazo con verbas doces, profundas, cheas de coñecemento.

Si, orador de figura laborada na cercanía, na profundidade do sentir human, na fermosura da sabedoría. Bo home din as barbullas das figuras do lugar.
Fincando na táboa redonda da cultura -monstros da oratoria, donos da beleza de sentimentos acougados na lacena da alma.

Vázquez Somoza, Camilo Torres, Xulio Xiz, Manuel Santamariña- e no centro -o laceiro das palabras-, Otero Canto, parolan de poesía cos anxiños bachareis e outros participantes sentados nas butacas da gloria nun momento de dozura, onde a música do saxo dourado de Fran Cupeiro deleita ao mundo dos soños.

Despois…

Escurantismo da información -ave carniceira que aproveita a ocasión para arrancar a alma do amigo ferido na lucenza da vida, presa desafiuzada como peste arrinconada na soidade escura da palabra, da imaxe-.

Antes…

amigo vivo, esmerado, esmiuzando aos presentes a grandeza dos fiordes da táboa vetusta e rica do espazo arlequinado da cultura lucense.

Mañexos da realidade, tránsitos polos camiños da hipocresía e débedas de vida pagadas coa morte da valía.

Sinto, meu amigo, a ferida labrada na túa alma miña. Escorrentaron o teu nome, a túa imaxe das páxinas das noticias, pero a ave carniceira esquece que a túa esencia está gardada nos corazóns agarimosos dos homes e mulleres da túa terra.

Terra de honor que sabe quen es.

Eu, esmeluxado polo engano
sentín tristura por non ver a humildade da túa vida nun xornal de valía.

Sintoo, amigo Xiz… Sintoo, amigo das estrelas do ceo.
García Mera, Germán
García Mera, Germán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES