Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felicidades, mamá!

jueves, 06 de febrero de 2014
Neste mundo no que nos movemos, quen máis e quen menos intenta conseguir un tÍtulo.
Incluso hai persoas que acumulan varios. Non hai nada de malo neso.
Cando era nena oía dicir: “O saber non ocupa lugar”.

Pero ó meu entender o título máximo ó que se pode aspirar é ó títuo de NAI.
Neste caso as persoas de xénero feminino son as únicas que poden optar a el. Os varóns poden optar ó de PAIS, pero xa non é o mesmo.
Hai nais biolóxicas, nais adoptivas e segundas nais.
Quero felicitar de todo corazón a tódalas nais.
Cando digo tódalas nais digo, todas: as que lograron ve-lo froito das súas entrañas e as que non.

Para entedérmonos, clasificareinas en varios grupos:

1.- NAIS MOI AFORTUNADAS:

Son as nais que gozan intensamente da súa maternidade por múltilpes motivos:

-Porque teñen vocación de nais.

-Porque conseguen a maternidade tan desexada.

-Porque teñen fillos con boa saúde tanto física como psíquica.

-Porque se senten moi amadas pola famIia que acolleu con agrado a súa maternidade.

-Porque gozan dos medios económicos suficientes e incluso sobrados e tamén de recursos humanos para atender como se merecen os seus descendentes.

-Porque saben como levar unha maternidade responsable educando ós descendentes para seren bos cidadáns o día de mañá.

-Porque son a levadura da sociedade.

2.- NAIS AFORTUNADAS.

Son aquelas que gozan intensamente da súa maternidade pero teñen certas limitacións.

-Teñen vocación de nais.

-Conseguen a maternidade desexada tendo que recurrir á fecundación “in vitro” ou á adopción, despois de agotar tódolos restantes medios.

.-Teñen fillos con boa saúde e outros que non tanto pero quérenos e cóidanos tanto o máis como os que nacen totalmente sans.
A veces danlles bastente que pensar, pero a fin de contas, ben. Non teñen queixa que dar.

-Teñen o amor incondicional da familia porque pertencen a unha familia estable.

-Teñen os medios xustos para atender as necesidades básicas da familia, pero multiplican esforzos e adminístranse tanto como faga falta para que non falte o básico.

-Teñen moi desenrolado o sentido da responsabilidade e saben suplir as faltas de xeito que colaboran ó crecemento dunha sociedade reponsable.

-Son levadura para o mundo que lles toca vivir.

3.- NAIS DESAFORTUNADAS; PERO NAIS DE VERDADE

Aquelas que teñen que loitar máis que moi duro para sacar adiante os seus fillos, pero como non regatean esforzos, consiguen moi bos resultados.
Poden ser mulleres casadas ou solteiras.

-Gústanlles os nenos pero as súas circunstancias persoais, laborais, sociais ou familiares non aconsellarían a chegada dunha criatura nese preciso momento. Con todo, a vida segue o seu ritmo.

-Non dispoñen do apoio incondicoonal da familia por dferentes razóns: saúde, traballo, porque son nais solteiras, etc, etc.

-Economicamente son débiles, non dispoñen dun traballo estable que lles garantice unha economía solvente. Fan números e máis números pero as contas non lles saen.
Moitas veces amáñanse coa necesidade.

-A pesar de todo son madrazas de verdade e búscanse a vida como poden, abstéñense elas de moitas necesidades básicas a favor dos seus fillos.

-Traballan no que sexa e as horas que sexan para gañar o sustento sen descuidar a educación aínda que moitas veces, sexa a distancia porque o seu horario laboral non lle deixa tempo libre para dedicarlle ós seus pupilos.

-Conseguen sacar os seus fillos adiante e estes –tan abnegados e disciplinados como é a súa nai- conseguen postos de responsailidade que lles permiten levar unha vida moi digna e exemplar ó mesmo tempo.

Estas nais teñen un valor incalculable. Son NAIS con letra maiúscula. A sociedade nunca lles estará suficientemente agradecida, porque outras no seu caso “abandoarían o barco á deriva” dando lugar a engrosa-la lista de delincuentes e maleantes.

Elas nunca perderon a esperanza dun porvir prometedor e a fe nun Deus que nunca as abandoou.
Se tódalas nais merecen un monumento no corazón dos seus fillos, estas –se cabe- aínda máis.
Son fermento e tamén masa social de primeira calidade.

4.- AS SEGUNDAS NAIS

Non figuran en primeiro plano, pero moitas veces deberían figurar.
-Son mulleres de gran corazón que –polas circunstancias que fora- viron arredor de sí, criaturas con necesidades especiais.

-Non dudaron nin un segundo en acoller, coidar e asesorar a esas criaturas para encamiñalas, sinalándolles o camiño máis indicado para as súas circunstrancias persoais.

-Moitas veces son nais da familia, outras son mestras, outras relixiosas, outras solteiras e outras son mulleres anónimas que fan un labor de extraordinario valor.
Grazas a elas, moitas criaturas consiguen alcanzar un porvir prometedor que lles permite ir pola vida con soltura, cando pensaban que tiñan a batalla perdida.

A este tipo de mulleres, a sociedade tamén ten moito que agradecerlles, aínda que normalmente non o fai.
Pasan á historia como moi boas persoas.
Eso xa di moito e moi ben delas.

5.- NAIS QUE NON PUIDERON SER NAIS

Non son nais porque non puideron, pero nos seus corazóns levan aquela criaturiña froito dun amor que por diferentes razóns non chegou a ve-la luz do día:

-Mulleres solteiras que tiveron un amor que resultou ser que non era tal amor e chegado o momento …
Despois de presións e máis presións de todo tipo, víronse bombardeadas por todas partes, sentíronse acorraladas e obrigadas a sucumbir:
O novo ser non chegou a ve-la luz do día.
¡Co bonita que é!
Situacións moi pero que moi dolorosas pero que se teñen dado.... ¡A vida a veces é moi inxusta!

-Mulleres que tiveron a desgraza de seren violadas por membros varóns do seu propio sangue e…
¡Qué desgraza a delas!
E non digamos nada se se trata de adolescentes….

E outros moitos casos que non ven ó caso expoñer aquí, porque xa están na mente de todos.
Algúns derivados de certas leis que de forma solapada permiten cousas así como por exemplo: a situación da muller embarazada no mundo laboral actual e otros moitos casos.

A vida é inxusta con ámbolos dous xéneros, pero no caso das mulleres, aínda máis...

¿CANDO COMPRENDEREMOS O VERDADERO VALOR DA MATERNIDADE?

¿QUE TERÁ QUE PASAR?

Quizais este sexa un bo momento para facer unha pausa e reflexionar na situación do noso país:

O relevo xeracional vai caendo en picado. ¿Certo?

¿Teremos que ir buscar fóra o noso relevo xeracional?

????

Se non se toman medidas a tempo:

¿Podería chegar España a ser unha segunda torre de Babel?

O tema é máis complicado do que parece.

Non sei que pensarán os poderes públicos á hora de ofrecer axudas á célula básica da sociedade: A FAMILIA.

Tampouco sei que pensan algunhas familias.
As súas razóns terán.

Tan só quixen felicitar ás mamás.
Neste momento, vostede seguro que felicitará á súa, tanto se vive como se pasou á eternidade.

¡Vaia para elas o meu sincero recoñecemento!

¡Téñeno ben merecido!

Dun modo moi especial quero felicitar á miña que me está vendo a través de Cristo Resucitado e Resucutador no que sempre creu.
Ela, a base de moito traballo, moita suor e –seguramente que moitas bágoas- conseguiu sacar adiante fillos como soles.

¡FELICIDADES MAMÁ!

As bágoas non me permiten seguir.
Grazas por terme na súa consideración.
O vindeiro xoves, algo diferente; que non emocione tanto.

Por exemplo:

“O MUNDO SÉNIOR É UNHA GOZADA”

Graciñas por terme na súa consideración, aínda que sexa unha persoa descoñecida para min, sei que me le e eso basta para darme ánimos para seguir escribindo.
Quédolle moi agradecida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES