Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peche de hipermercados

martes, 04 de febrero de 2014
Nesta época de “vacas flacas”, se atendemos á referencia bíblica para denominr un tempo de miseria e escaseza, van caendo, un a un, ou en bloque, elementos industriais, comerciais ou de servizos, que se coidaban inamovibles pola consolidación que experimentaran en tempos mellores.

Os grandes centros comerciais foron o azoute definitivo para determinados pequenos establecementos que outrora formaron a parte máis importante do entramado comercial. As tendas rurais ou de pobo nas que había de todo, as pequenas tendas dos barrios ás que e podía acudir a mercar productos alimenticios ás horas máis intempestivas, foron desaparecendo nos anos sesenta, setenta e oitenta, porque faltou espíritu emprendedor, pola falta de rendibilidade destas pequenas explotacións comerciáis, pero especialmente pola aparición de supermercados primeiro, de superficies comerciais despois, e máis recentemente os macrocentros onde se xuntan ofertas dos máis variados productos, a precios imposibles de ofrecer polos pequenos comercios, con horarios moi amplos, lugares de recreo, cines, e todo tipo de servizos.

Xa non é que os pequenos comercios desaparecesen por non poder resistir a competencia, que tamén, senón que a oferta destes centros chega a ser tan variada que os pais con nenos pequenos, as familias completas, acoden a estas macroinstalacións a pasar o tempo, como se a instalación fose unha atracción en si, que tamén resulta selo.

Pero os tempos de desmesura remataron e agora hai que axustarse á realidade, e o peche na Coruña dunha destas macroinstalacións –o chamado “Dolce Vita”- é un toque de atención para o conxunto destes centros, xa que é a primeira gran superficie que pecha en Galicia.

Ninguén podía pensar cando este centro naceu hai cinco anos que podería ocorrer algo así. Pois aí queda como aviso para navegantes, demostrando que un tempo novo comeza no que as grandes superficies, de por si, non teñen garantido o seu futuro, e que quizais o pequeño comercio ten moito aínda que facer e que dicir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES