Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poemas de amor

martes, 04 de febrero de 2014
A Biblioteca Pública de Foz, da que é responsable Chus Alvarez, ven a organizar, dende hai anos, co gallo de celebrarse o San Valentín, ou o Día dos Namorados, un concurso de poemas co fin,, de estimular a creatividade poética nas persoas de tóda idade; e nengún tema mellor que o do amor para que, dende a intimidade do ser e o sentir, afloren as posibles dotes líricas, ó terreo da poesía que é, coa música, a mais sublime forma de expresar as emocións. É tanto así que Lope de Vega deixou dito :“ o amor foi o inventor dos poemas...”. ·A definición mais xeralizada de poesía acaso sexa: “a arte de expresar a beleza e o sentimento estético por medio da palabra, en verso ou en prosa”; ainda que Bécquer expresouno de xeito tan romántico con aquela coñecida “Rima”: “ Qué es poesía?, dices / mientras clavas en mi pupila tu pupila azul./ ¿Qué es poesía?.¿Y tú me lo preguntas?:¡ poesía eres tú”.

Antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade; por eso as dúas – música e poesía – marchan tan unidas, ó punto de que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical.

Para lograr esta cadencia nas composicións escríbese respectando a métrica, a rima e o ritmo ; coidase a selección das palabras, o son e a medida; unha arte que ven cultivándose desde os lonxanos tempos do Mester de Clerecía.

O poemario que promove a Biblioteca de Foz ten un sinalado éxito e nel participan xentes de ambos sexos e dun amplo abano de idades, nas distintas categorías. Cabe mentar que no conxunto, a participación femenina é moi superior á masculina, como adoita suceder en toda actividade de tipo inlelectual, social ou artística. Descoñecemos as razóns da abstención masculina entre a mocidade, pero ocúrresenos preguntar : ¿será que na sociedade actual, tan convulsa, en boa medida depredadora de valores tradicionais, o amor está deixando de ser cousa de homes....? ¡Meigas fóra!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES