Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O coloso en chamas

lunes, 07 de noviembre de 2005
Non é que arda París, que sí que arde, senón que toda Francia está en chamas... Orleáns, Nantes, Rennes, Estrasburgo, Toulousse, Avignón... están sacudidas por cadanseu terremoto nocturno que fai lembrar aquel París do 1968, onde a revolución parecía algo romántico, e os cementos da sociedade francesa se vían sacudidos por uns aires novos, que ían provocar cambios radicais na sociedade e na vida de todo o occidente polas repercusións noutras cidades e ambientes ben diferentes do parisino.

Trinta e sete anos despois daquel "sesenta e oito" parisino e santiagués, contemplamos atónitos esta outra revolución urbana que uns califican de terrorismo, outros de intifada, guerrilla urbana ou guerra civil, según o prisma con que se vexa esta atrocidade, nunca xustificable, que se traduce en centos de coches queimados cada noite, centos de detidos e un vento de guerra que non nos chega pero do que percibimos o cheiro.

Tal incendio non pode ser producto da casualidade, da xuventude ociosa, de tolemia colectiva... Estes sucesos acaecen como proba de que algo moi fondo anida nunha sociedade, nun país. Neste caso, no veciño do norte, sempre de difícil convivencia para o seu vecindario.

O refraneiro ten para esta situación, como para case todas, advertencia certa: "Cando as barbas do teu veciño vexas pelar...". Pero coidamos non teñan aplicación neste caso, xa que se ben no 68 a efervescencia francesa tivo a súa tradución na inquedanza estudiantil de Compostela, lóxica pola época e pola situación política, non temos no noso contorno ningunha situación que motive -de forma grave- a ruptura democrática e social do coloso do norte.

Teñen alí 750 zonas urbanas con fortísimas desigualdades, con inseguridade e pobreza, máis ostensible se se ten en conta o nivel de riqueza da sociedade francesa. Aquí, nin siquera as sociedades agrarias do noso amplo rural teñen desigualdades apreciables co mundo urbano, excepción feita dunhas moi determinadas áreas das élites económico-sociais.

Por eso estamos presenciando impávidos, tranquilos, o incendio que sacode ó veciño francés agardando que pase o temporal e cadaquén cure as súas feridas.

Aquí non temos eses problemas... Podemos querer demoer tódolos edificios construídos a menos de douscentos metros das costas, poden cambiar os médicos de cabeceira para 700.000 galegos, podemos pasar en tres décadas de pais emigrante a receptor de emigrantes, podemos renovar un Estatuto que funciona por outro que aínda pode ser mellor... E todo, aparentemente, en son de paz.

¡Que sorte temos de non ser coloso!. Nada temos que nos faga arder. Aínda que pareza, ás veces, que a cousa está que arde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES