Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Blas

jueves, 30 de enero de 2014
O día 3 de febreiro celébrase no barrio de Vilaxoane a que é a primeira festa do calendario anual do concello focego: o San Blas.

A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos veciños, atópase ao inicio da estrada que leva á igrexa de San Martiño. É dunha nave coberta de madeira ás dúas augas, con arco de trunfo e capela maior. Nela pódense ver as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, estas dúas do século XVIII. Posúe retablo barroco dun só corpo con catro columnas salomónicas, na que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano do XVIII.

As imaxes viñeron de Nápoles, segundo as crónicas, e atribuen a construcción ao “Oidor” Saavedra, Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias e, según contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos devanceiros daquel chamada Xoana.

A do San Blás é romería entrañable á que acude xentío da vila e a bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o Santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan ao tempo que se realiza o rito de “poñer o Santo”.

O aspecto lúdico tradicional xira en torno aos bailes que hai moitos anos tiñan `por escenario a “aira de Morán”, que mais tarde pasaron ao salón da Corredoira, (hoxe Xoíña) onde tiña lugar o “baile da escoba” que se ben non era espectáculo artístico, nen estético, era divertido e xocoso: chegou a ser moi popular.

O tempo frío, de choiva, desapacible, que é frecuente deixou unha referencia histórica: No ano 1954 caeo no contorno a mais grande nevarada que lembramos; tanto que naquela ocasión non se celebrou a festa pois a orquestra contratada non chegou ao lugar de destiño…

Hoxe unha gran carpa protexe das inclemencias e nela ten lugar o “día dos callos”, que co “pan de San Blas” son as singularidades gastronómicas da ocasión. Esperemos que este ano se porte mellor, e a alguén poda facerse aquela encomenda: “ Se vas ao San Blas / traeme un San Blasiño / que non sexa moi grande / nen moi pequeniño”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES