Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gonzalo Torrente Ballester, na memoria

jueves, 30 de enero de 2014
Fai quince anos o escritor e académico Gonzalo Torrente Ballester era enterrado no cemiterio de Serantes. O autor de "Los Gozos y las Sombras" quixo descansar para sempre no seu lugar de nacemento. Contaba entón 88 anos e medio, idade á que chegaba moi debilitado, tras sufrir varios episodios cardíacos.

O enterro converteuse en todo un acontecemento de calado político, literario, cultural e intelectual. Era entón ministro de Cultura Mariano Rajoy, que acudiu a dar o pésame á familia. Doutra banda as principais autoridades da Xunta, encabezadas por Manuel Fraga, conselleiro de Cultura, Pérez Varela, presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, gran amigo e contertulio de Torrente, o titular da Real Academia Española, García de la Concha e o Nobel José Saramago reuníronse nun xantar que se converteu nunha especie de xuntanza-homenaxe.

Xa no cemiterio de Serantes, despois de estar instalada a capela ardente no salón de sesións do Concello, Carlos Núñez interpretou "Negra sombra", a petición da viúva, Fernanda Sánchez-Guisande, sendo a primeira vez que o famoso gaiteiro tocaba esta obra. Á necrópole de Serantes acudiu un gran número de personalidades civís, militares, académicas e do mundo da política. Nos diarios foi tratado o óbito con grandes espazos e titulares.

Aínda que a Fundación Torrente Ballester quedou en Santiago por unha cuestión puramente crematística, que o concello ferrolán non soubo ou non puido resolver, o santuario "torrentiano" é Ferrol por dereito propio e natural, e, concretamente, o antigo Concello de Serantes, anexionado por decreto a Ferrol na ditadura, en cuxo cemiterio foron depositados os restos de GTB cumpríndose a súa última vontade.

Ferrol ocupa o seu universo vital e literario, non en balde chegou a sentenciar aquilo de "Ferrol me fecit", parafraseando a Graham Greene (England me fecit). Quero salientar que, moito antes de que saltase ao éxito e á fama literaria o autor de "La Saga Fuga de JB", foi reivindicado polos xornalistas locais, que o nomearon, no ano 1977, "Ferrolán do ano", galardón administrado actualmente de maneira institucional polo Concello, que o entrega o día do patrón, San Xiao, 7 de xaneiro.

Gonzalo Torrente Ballester, a quen Saramago "sentou" á destra de Cervantes, e Víctor García de la Concha adxectivou como "o señor das palabras", na memoria.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES