Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre feliz!

jueves, 30 de enero de 2014
Ó comezar un novo ano, máis ou menos todos facemos uns propósitos.
Ó remata-lo primero mes xa podemos ir facendo algún balance.
Seguramente que ocorreron moitas cousas boas que esperabamos e tamén outras que non contabamos con elas.
A verdade é que a vida é unha auténtica caixa de sorpresas.

Vexamos:

-Se alcanzamos un mes máis con calidade de vida, é o mellor que nos podía pasar.

-Se conseguimos chegar a fin de mes e aínda nos sobrou algo; pertencemos ó grupo dos privilexiados.

- Se nos encontramos mellor de saúde porque aquela perna que nos doía, xa non nos doe; estamos de noraboa.

-Se puidemos comprar aquelo que nos facía falta, estamos satisfeitos.

-Se o médico nos dixo que –a pesar dos excesos nadalencos- aínda conservamos o colesterol dentro dos límites normais. ¡Estupendo!

-E outras moitas cousas que van por bo camiño.

Por todo eso e por otras moitas cosas que sabemos, debemos mostrar GRATITUDE porque é de ben nacidos, ser agradecidos.

Como é vostde unhas desas persoas ben nacidas, seguro que é unha persoa moi agradecida.
Se é vostede unha persoa crente, dará grazas a Deus por poñer no seu camiño os medios e as persoas axeitados para alcanzar tantas bendicións.
Se non, pode dar grazas á vida, ó universo, á enerxía, a quen considere....
En calquera caso debe mostrar GRATITUDE.

Pero na vida non todo son boas noticias.
Tamén podería ocorrer:

-Que non nos alcanzara o presuposto para chegar a fin de mes.

-Que, loxicamente, non puideramos comprar aquelo que nos facía falta.

-Que o médico nos dixera que subiron os triglicéridos máis da conta.

-Que un membro da familia está pasando por malos momentos.

-Que son unha persoa moi nerviosa e síntome moi agoviada porque estou preparando unha oposición moi difícil.

-Que haxa unha persoa moi próxima que nos está amargando a existencia.

-Que…

Ante situacións adversas, podemos adoptar varias actitudes:

-Desesperarnos porque xa estamos fartos de tantas inxustizas.

-Protestar contra este e aquel porque as cousas nos van de mal en peor.

-Andar de mal humor todo o día amargando a vida propia e a das persoas que me rodean.

-Acabar coa pouca paciencia que nos queda.

-E un longo etc.

¿Conseguiríamos que o soldo se multiplicara polo feito de desesperarnos?. Non, claro que non.

¿Alguén compraríanos nas rebaixas aquelo que necesitábamos se nos ve protestar na porta duns grandes almacéns?
Seguramente que non, pero podería ocorrer.

¿Con poñérmonos de mal humor baixarían os triglicéridos?
Moito me parece que non. Deberíamos controlar o que comemos e despois esperar a ver que pasa.

¿E se a adversidade conseguira acabarnos coa paciencia..?
Daquela pobriños de nós.

¿Onde está a solución?

A solución non é nada fácil porque moitas veces nin sequera se pode conseguir tal como nós a temos concebida.
Tal é o caso dunha enfermidade terminal e outros moitos.
A vida é moi bonita pero tamén moi dura.

Un bo remedio é CONSERVA-LA ESPERANZA de que non hai ningún mal que cen anos dure e que pouco a pouco irá mellorando a situación, porque tamén é certo que hai un refrán que di:
“Non hai ben que por mal non veña”

Do mesmo xeito que despois do inverno vén a primavera e despois da noite vén o día; tamén é certo que a vida ten épocas de bonanza e outras de estreitura.
Certo que cando estamos pasando polo túnel dos problemas, hai momentos que non vemos a luz ó remate do mesmo.
Pero tamén é certo que non hai ningún túnel de lonxitude infinita.
Tódolos males teñen un principio e tamén un remate.

PASE O QUE PASE, DEBEMOS CONSERVA-LA ESPERANZA.

Mirar ó noso redor e comprobar que hai persoas que están en peores condicións que nós e confían en saír do bache, precisamente porque non se desesperan.

EXISTEN PERSOAS MOI EXEMPLARES ANTE A ADVERSIDADADE.

Podemos preguntarnos:
¿E eu, por que non?

Se a vida non nos sorrí, hai que inventar algo para que non resulte tan tráxica:

INVENTAR UNHA ILUSIÓN CADA DÍA.
Polo menos, unha ilusión cada día.

Se nos sentimos incapaces de facelo pola nosa propia conta, pedir axuda a alguén que nos ensine a buscar alicientes, a ocupa-la mente en algo positivo para non darlle tempo a pensar no negativo.
Porque, sempre hai algo polo que loitar:
-Un neno que nace.
-Un día soleado.
-Unha comida feita con amor.
-Unha visita amiga.
-Un consello dunha boa persoa.
-Unha mascota que nos alegra a vida
-Unha persoa que nos anima.
-O sorriso dun neno.
-A fe para os crentes...Deus nunca falla, sempre escribe dereito aínda que sexa por renglóns torcidos.
-Etc. Etc...

¿Que lle vou dicir que vostede non saiba?

Vostede xa leva disfrutado moito da vida, seguramete que terá superados máis dun problema deses ben difíciles e estou segura que ten a autoestima moi elevada precisamente porque os problemas fortalecen o espírito de quen os supera.

As persoas maiores adoitan ser grandes mestras nestes temas.
Levan moitas probas superadas e sempre aconsellan:

-SERENIDADE para ver con obxectividade o probema e pensar ben a forma de enfocalo antes de actuar.

-PACIENCIA para darlle todo o tempo necesario ata que o problema se resolva se ten solución e se non, ASUMIR E ACEPTAR o que veña.

-ESPERANZA nun futuro prometedor porque xa din alí que a esperanza é o último que se perde.

Confiar loitando, é decir: “A Deus rogando e co mazo dando”
Temos toda a vida que nos queda por diante para consegui-los obxectivos que nos temos marcados.
Esa é a nosa maior ilusión.
E conservarémola ata o derradeiro día porque “Xenio e figura, ata sepultura”
¡Ánimo!
¡Querer é poder!
E o máis importante de todo: “SER FELICES”.

A ÚNICA FÓRMULA PARA SER FELIZ É SER FELIZ CO QUE SE TEN.
Se analisamos un pouco na nosa vida temos moitísimas cousas materiais e tamén bens intelectuais e espirituais.
O suficiente para ser felices.

SE NON SOMOS CAPACES DE SER FELICES CO QUE TEMOS...
¿SEREMOS FELICES CO QUE NON TEMOS?

Vostede dirame que ser feliz co que non se ten –falando en sentido positivo- é imposible.
Ten moita razón.
Como sei que é vostede unha persoa moi intelixente, por eso é feliz.
A felicidade está ó alcance de todos.
Basta con ser feliz co que temos.
Dito doutra maneira:

“O QUE SE CONFORMA CO QUE TEN, ESTÁ SEMPRE BEN”
¿Que é a felicidade, máis que estar ben?

Por estas e otras razóns, vostede decida estar:

¡¡¡SEMPRE FELIZ!!!

Meréceo: ¿Si ou non?

Estou segurísima que o merece.

Por eso confio que estará:

¡¡¡SEMPRE FELIZ!!!

Repita moitas veces estas dúas palabras ata convencerse de que vostede é unha persoa estupenda que merece ser:

¡¡¡S-E-M-P-R-E F-E-L-IZ!!! ¡¡¡S-E-M-P-R-E F-E-L-I-Z!!!

Sexa moi feliz porque o próximo xoves voulle dedicar un artigo Á SÚA MAMÁ E A MIÑA E A TÓDOLAS MAMÁS.
Saudiños!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES