Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ver se me entero...

lunes, 27 de enero de 2014
A ver se me entero... A Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, no apartado 'A' do artigo 197, di, literalmente, o seguinte: 'La moción de censura deberá ser propuesta, al menos, por la mayoría absoluta del número legal de miembros de la Corporación y habrá de incluir un candidato a la Alcaldía, pudiendo serlo cualquier Concejal cuya aceptación expresa conste en el escrito de proposición de la moción'.

Logo, no apartado 'B', contempla dous supostos específicos que foron introducidos nunha reforma motivada polo pacto antitransfuguismo asinado pola totalidade dos partidos políticos do arco parlamentario, que o que trata é, precisamente, de dificultar a presentación destas mocións, relegando as mesmas, na práctica, a cando concorren acordos de partido e inviabilizando de facto aqueloutras nas que se dea trasvase unipersoal de concelleiros.

Por iso esixe que, 'en el caso de que alguno de los proponentes de la moción de censura formara o haya formado parte del grupo político municipal al que pertenece el Alcalde cuya censura se propone, la mayoría exigida en el párrafo anterior se verá incrementada en el mismo número de concejales que se encuentren en tales circunstancias'. Cousa que se repite ó indicar que 'este mismo supuesto será de aplicación cuando alguno de los concejales proponentes de la moción haya dejado de pertenecer, por cualquier causa, al grupo político municipal al que se adscribió al inicio de su mandato'.

É dicir -para resumir-, que se un concelleiro deixa un partido (ou o expulsan del, como é o caso do concelleiro do PSOE da Mezquita) para poder viabilizar a moción de censura necesitarían outro concelleiro a maiores que permanecese -antes e despois da presentación da moción- no seu propio partido político.

É certo que aparentemente semella un pouco complicado, pero dáme que non é tanto. Loxicamente, a moción puido ser presentada, xa que logo, nun principio os concelleiros que a presentou non incumprían ningún suposto. A saber, entre os 4 independentes e o concelleiro do PSOE sumaban a maioría absoluta e no momento de presentaren o escrito o concelleiro do PSOE aínda non deixara de pertencer ó partido no que 'adscribiu o inicio do mandato'.

Ora ben, no momento no que o Concello da Mezquita reciba a comunicación de expulsión do concelleiro por parte do seu partido -é dicir, do PSOE-, nese mesmo intre o grupo pasa a incumprir o segundo suposto e a moción debería quedar invalidada.

Evidentemente un non é xurista, nin nada que se lle pareza. Pero ó ir á fonte orixinal, que é a Lei, a verdade é que sorprende sobremaneira a revoeira informativa que se montou nestes tres últimos días por algo que -salvo erro ou omisión- semella non ser máis ca un ruidoso tiroteo con balas de fogueo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES