Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Detrás dunha careta

lunes, 27 de enero de 2014
O home, en por si, e cando se atopa só, é covarde por natureza. Para vencer esa covardía adoita refuxiarse detrás da masa, detrás dun papel con centos de palabras escritas ou detrás dunha careta.

Nunca reneguei da miña covardía, quizais por timidez, e de aí que me refuxie moitas veces detrás dun papel. Este ano, aínda que só fose por unha hora, tamén me refuxiei detrás dunha máscara e con ela sobre a cara fas cousas que nunca farías a cara descuberta. Perdes a vergonza toda. Encirras no peor inimigo e ensínaslle, se fai falta, o cu á señorita máis recatada.

Nunca me gustaron as festas con moita barafunda, pero recoñezo que o entroido, durante uns días, é necesario. Aínda que só sexa para deixar acochada durante un tempo a vergoña que temos vestida durante todo o resto do ano. De cando en vez é bo saír do rego que marca a rutina.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania