Leccións ao aire libre
Fernández, Suso - viernes, 24 de enero de 2014
MISCELANEA FOCENSE
Dos tempos do lonxano bacherelato coruñés, (hai uns 60 anos) lembramos con agarimo, e gratitude, as tardes dos xoves que, na compaña do profesor de literatura, , mestre inesquecible, saíamos polas entón aforas da cidade herculina, inmersas dende hai moito xa, na xeografía urbana, recibindo as explicacións de canto de interese se atopaba no percorrido: accidentes topográficos, lugares de resoancia na historia local, árbores, plantas, anécdotas e sempre a descripción brillante de quen era un lúcido literato e elocuente narrador.
Para os discípulos. aquela sería a tarefa para a vindeira clase na que cada alumno presentaría: un relato que describise canto aquela tarde se tratara; un traballo do que non só puntuaban os coñecementos adquiridos sobre o terreo, senon na mesma medida, a redacción en sí: o estilo, a beleza da linguaxe, o uso das imaxes e figuras literarias
e por suposto a ausencia obrigada de toda falta de ortografía. Él definía tal modalidade como leccións ó aire libre.
A lembranza das vellas vivencias acudían aonoso maxín cando, na camiñada solitaria pola beiramar, ollábamos e liamos as inscripcións que sobre monolitos a xeito de atriles se espallan ó longo do litoral, dende a Rapadoira ata Llás, e que constituen tamén auténticas leccións ó aire libre, porque en todo caso, se á simple observancia da natureza, de tanto atractivo e interese, se engade a información é evidente a función didáctica que enriquece os coñecementos, resultas do labor realizado.... Ser capaz de apreciar a profunda beleza da natureza é unha das grandes ditas da vida (Yogani).
Naturalmente o achego de información tan variada como se ofrece nos paneis da beiranar (flora e fauna cos seus nomes científicos e populares-, a denominación de cada un dos accidentes naturais, as rochas e cantís, historias e lendas, naufraxios
) esixe un entusiasta traballo de campo e de investigación que neste caso,, no seu día, levou a cabo Xesús do Breogán.O aire libre é tamén un bó marco para a aprendizaxe.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora