Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Parladoiro do Preguntoiro

miércoles, 02 de noviembre de 2005
“MALOS TIEMPOS PARA LA LÍRICA”

O título que encabeza o artigo é dunha canción dos anos oitenta, coido que xamais pensei que este vello e famoso tema musical composto por un curmán meu, chegara a converterse hoxendía nunha profecía. Fai uns meses lle fixeron o meu parente unha entrevista en Radio Nacional e comentaba: “...seguen sendo hoxe malos tempos para a lírica, pero moi bos para o chabacano...”.

Eu bou un pouco máis aló sobre o comentario; son tempos do rancio e do arcaico, de épocas que pouco teñen que ver co século XXI. Voume espallar un anaco para xustificar estes malos tempos.

A semana pasada foi moi abondosa en declaracións dalgúns personaxes que se teñen de políticos que están incitando á confrontación, con unha irresponsabilidade que nos levan a tempos arcaizantes. A (FAES) presidida polo Sr. expresidente Aznar, publicou un artigo sobre o Estatut catalán, entre outras cousas, di: que “incita a la poligamia” e “al asesinato piadoso”. O Cardeal Rouco Varela asegura que España necesita “una gran oración en estes momentos tan cruciales”. Neste país a Constitución garantiza a liberdade de expresión, cada quen e libre de xulgar esta palabras e quizais haxa moitos que lles guste, pero dende o meu punto de vista son comentarios verquidos como un insulto á intelixencia de moitos españois. Só nos falla que nos manden a Santa Inquisición en clave modernista e por Internet con faces medievais.

Onde máis me alporicei foi coa a abrallante declaración da presidenta de Madrid Esperanza Aguirre cando dixo que, o escritor e xornalista Eduardo Haro Tecglen, finado fai poucos días era un “defensor de genocidas”. Aconteceu isto por mor de que o Alcalde de Madrid Alberto Ruíz Gallardón, propuxo poñerlle o nome dunha rúa en unha homenaxe á súa figura, a decisión foi tomada por unanimidade nun pleno polos concelleiros do PSOE, IU e PP.

Non bou a enumerar neste anaco de artigo tódolos méritos, a lucidez e a coherencia que tivo durante moitos anos Eduardo Haro. Lévoo seguindo desde fai moitos anos a súa andaina como articulista en unha morea de xornais e o coñecín persoalmente, e podo dicir sen trabucarme que era unha persoa que xamais se calou ante as inxustizas que acontecían no pasado da dictadura e no presente ante o neolibaralismo salvaxe.

Voume a referir en concreto a unha anécdota case inédita que me contou no ano 1979 en Madrid Santiago Álvarez (xa finado) que pertencía ao Comité Central do PCE. No ano 1959 preto da folga xeral en Madrid contra o franquismo, anos dunha represión de brutalidade, viñeran de Francia a Madrid Fernando Claudín, Jorge Semprún con pasaportes falsos para conectar co buró político na Capital, alí estaban Simón Sánchez Montero, Romero Marín e coido que Ramón Tamames. A xuntanza e acollemento foi na casa de Eduardo Haro que non lle impedía correr moi tranquilo o resgo de converter a súa casa, naqueles días de folga e represión, no centro operacional da dirección do PCE xogándose moitos anos de cadea.

Coido que esta anécdota é moi ilustrativa ante as palabras de Esperanza Aguirre, non vexo que defendera a xenocidas, polo contrario, estaba contra o xenocidio de 40 anos de dictadura encarnada no seu máximo responsable. Si a presidenta de Madrid falaba de xenocidas da actualidade, diso hai moito que falar, aínda no está escrita obxectivamente a historia da “lírica guerreira” do século XXI. Todo se andará.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES