Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Actuamos como pensamos

jueves, 23 de enero de 2014
As ideas producen pensamentos, os pensamentos producen palabras e as palabras convérsense en accións.
A nosa mente é moi poderosa.
Tan poderosa que manda en nós moitas veces. Outras manda o corazón, dependendo de que se trate.
Unhas veces manda para ben e outras…equivocámonos.
Xa se sabe que non somos perfectos e polo tanto equivocámonos moitas veces cada día. (Falo por propia experiencia)
Pode que a vostede non lle pase outro tanto.
Por eso se dí que:
-Dos erros tamén se aprende.(Cando se quere aprender, claro).
-De sabios é rectificar. (Esto si que é certo)

Hai tantas maneras de pensar como persoas.
O que para unha está ben, para outra está regular e para outra mal.
Cada persoa ten as súas prioridades pensando que son as mellores.
De tal maneira que:

1.- COÑEZO PERSOAS QUE LLE DAN MOITA IMPORTANCIA A VIVIR EN PAZ e son capaces de sacrificarse o que faga falta por conseguilo.

Desto poderíannos decir moito as nais e os pais de familia:

¡Canta paciencia teñen as nais e os pais!
¡Cantas mentiras piadosas lles contan os seus fillos para que reine a paz entre eles!
¡Que pacientes son!
¿E todo eso por que?
Pois porque pensan que deben comportarse así con eles. Fano por amor. Xa se sabe: o amor move montañas igual que a fe.

Desto tamén saben moito os confesores; pero teñen prohibido contalo.
Aínda que a veces digan o pecado, pero nunca o pecador.
O seu corazón dilles que deben facer así e a súa mente pensa o que lle dicta o corazón. ¡Faltaría máis!

Tamén nos poderían decir moitas cousiñas o profesorado que en repetidas ocasións teñen que poñer paz en multitude de conflictos entre o alumnado e incluso coas familias.
Tal como está o país…
Por algo son MESTRES. Pensan en educar cidadáns que constrúan a paz para que dunha vez por todas, reine no mundo.

E moitas outras persoas, sen ir máis lonxe: VOSTEDE.
¡Canto nos podería decir vostede que tantas veces vela pola paz!
Din que as persoas pacíficas posuirán a terra.
Vostede é unha delas.
¡Que sorte a súa!

2.- COÑEZO PERSOAS QUE LLE DAN MOITA IMPORTANCIA Á SENCILLEZ aínda que según como, poderían ser doutra maneira.

Son persosas que desexan pasar inadvertidas, moi discretas, moi humildes.
Desexan ser así de sencillas, porque saben que brilan con luz propia vivindo sencillamente.
Pensan así e actúan en consecuencia.

Encóntranse cómodas con elas as que tamén son sencillas e humildes de corazón.
Estou convencida que vostede é unha persoa deste tipo porque se fora doutro xeito non lería os meus artigos que falan de cousas sencillas da vida cotiá.

3.- COÑEZO PERSOAS QUE LLE DAN MOITA IMPORTANCIA Á CULTURA:

Tanto se teñen máis como se teñen menos estudios. Elas sempre están ó tanto da actualidade, interesanse pola lectura, polas artes, polas ciencias, polas últimas noticias, por visitar museos…
Son grandes observadoras porque estan convencidas de que se aprende máis escoitando que falando.
Por algo temos dous oídos e unha boca.

Pero cando falan: sentan cátedra.
Dá gusto escoitalas, porque saben do que falan e falan con propiedade.
Pensan que para poder opinar hai que posuír información, e pensan ben.
Resulta moi grato escoitalas e tamén se sente moita comodidade ó tratalas.
Seguramente que vostede tamén coñece moitas persoas así e terá comprobado que resulta moi grata a súa compañía.

4.- COÑEZO PERSOAS QUE LLE DAN MOITA IMPORTANCIA Á INSTRUCCIÓN:

Son persoas que cando rematan unha carreira, xa están pensando noutra e logo outra cousa e así sucesivamente.
Normalmente non o fan por adquirir títulos nin honores –aínda que desto algo tamén- senón máis ben por poder defenderse na vida naquelo que mellor vai con elas e tamén por axudar ó próximo cos seus coñecementos.
Non cabe dúbida que teñen o seu mérito e se ademais son boas persoas, mellor que mellor.
Xeralmente son persoas de moita capacidade e pensan que sabendo máis poden valerse de máis medios para axudar á humanidade.
Neste grupo están moitos científicos, moitos profesores e outras moitas persoas de diferentes profesións.
Pensan que a educación é a mellor das armas para realizárense, e actúan en consecuencia.
Sencillamente: actúan como pensan.
Son coherentes consigo mesmas.

5.- COÑEZO PERSOAS QUE SE INCLINAN POLA VOCACIÓN RELIXIOSA porque lles parece que ese é o modo máis perfecto de vida.

Aquí entra en xogo o misterio porque a veces danse casos de vocacións relixiosas:

-En persoas xoves que recibiron unha formación axeitada.
-En persoas adultas que xa experimetaron outro tipo de vida.
-En xoves de familias de índole variada.
O certo é que –polos motivos que sexan- optan por ese tipo de vida.
A explicación: pensan que serven mellor á sociedade e sobre todo a Deus.
Están convencidas deso e actúan desa maneira que é tan válida como outra. E tamén moi necesaria.

6.- COÑEZO PERSOAS QUE SE DERRITEN ESTUDIANDO PARA FACERSE FUNCIONARIAS porque para elas a seguridade no traballo é unha garantía de futuro.

Xeralmemte son persoas moi entregadas á súa profesión porque trata no día a día cos cidadáns de a pé.
(Tarefa nada fácil, por outra banda)
Elas deciden que así serven á sociedade e máis aseguran o eu pan.
Fan todo o posible e o imposible por colocarse nun posto público.
Están no seu dereito e fan un gan servizo á sociedade aínda que nalgún caso sexan incomprendidas.
Estes traballos esixen unha forte disciplina.
Pero tódalas sociedades do mundo civilizado precisam dos seus funcionarios.

7.- COÑEZO PERSOAS QUE PREFIREN A AUTONOMÍA A TODO O RESTO:

Trátase de persoas cunha autoestima bastante elevada, son persoas moi creativas e posúen capacidade tanto física como intelectual.
Prefiren ser autónomas antes que estar baixo as ordes dun amo traballando por conta allea.
Son persoas emprendedoras e creativas que fan todo o necesario para saír adiante cos seus propios medios.
Merecen moito respeto porque fan un gran servixo á sociedade.
Pensan que así se poden defender mellor e loitan por conseguilo.
Actúan como pensan.

8.- COÑEZO PERSOAS QUE VIVEN PARA TRABALLAR E ACUMULAR RIQUEZAS:

Son persoa ás que lles gusta ter reposto, sentirse protexidas polo seu patrimonio. E disfrutan traballando a tope.
En certa medida tamén pensan que eso lles dá prestixio social e que van ser máis ou menos valoradas polo que teñan independentemente de como sexan. Para elas pesa máis o ter que o ser.
Algo así como: “Poderoso caballero es don dinero”
Aínda que pareza mentira, fan un gran servizo á sociedade porque cos seus aforros benefícianse os bancos e máis outros moitos que piden préstamos e tamén os que precisan dos seus servizos, porque son persoas moi traballadoras.
Actúan así porque pensan así.

9.- COÑEZO OUTRAS PERSOAS QUE VIVEN MOI RELAXADAS DISFRUTANDO DO QUE SUDARON OU SUDAN OUTROS:

A veces son persoas de familias acaudaladas, pero tamén as hai nas clases medias.
Para elas a capacidade de sacrifico non existe porque nunca probaron de gaña-lo pan coa súa fronte.
O día que lles pregunten que fixeron cos seus talentos, non sei que va a decir…
Ou …
¡Quen sabe!
Ó mellor teñen máis que decir que ninguén
Son formas de concebi-la vida.

10.- COÑEZO OUTRAS PERSOAS QUE TRABALLAN PARA VIVIR porque pensan que non só de pan vive o home.

Consideran que tódalas persoas temos que cubrir:

-Unhas necesdades físicas: alimento, vestido , calzado, vivenda...
-Unhas necesidade intelectuais: cultura, educación, formación…
-Unhas necesidades psíquicas: amor, comprensión, compartir, compañía…
-E unhas necesidade espirituais relacionadas coa transcendencia.
Estas persoas reparten o tempo e chégalles para todo porque poñen cada cousa no seu sitio.
Tamén actúan tal como pensan.

11.- COÑEZO PERSOAS ALTRUÍSTAS que pensan moito nos outros, incluso a veces se esquecen delas mesmas.

Son persoas dun corazón moi grande que están alerta para saber das necesidades das persoas que as rodean e fan todo canto poden por darlles o mellor.
Son persoas xenerosas que empregan tempo, coñecementos e sabedoría para enriquecer a outros que o necesitan: enfermos, nenos, anciáns, persoas necesitadas en xeral.
Esas persoas son excelentes veciños porque todo canto teñen é para compartir.
Son excelentes compañeiros.
Son excelentes familiares.
Son excelentes en todo.
No regatean esforzos para facer canto máis ben poden.
A súa casa está sempre chea de xente.
O seu coche fai de transporte público en moitas ocasións.
As súas cousas están sempre a disposición de quen as necesita.
O seu sorriso está sempre presente porque son persoas felices.
Non cabe dúbida que este tipo de persoas son excelentes.
O seu corazón está tocado pola gracia divina dun xeito moi especial.

Eu admíroas.

ACTÚAN COMO PENSAN E PENSAN MOI BEN.

¿Imaxina o mundo se todo foramos así?
Xa non sería mundo tal como o temos concebido. Sería o paraíso terrenal.

Seguramente que vostede fará outras moitas clasificacións porque o tema dá para moito.

Aínda que poida parecer mentira, todos somos necesarios, porque ninguén é autosuficiente.
Todos precisamos de todos:

-A persoa rica da persoa pobre.
-A persoa pobre da persoa rica.
-A persoa avara da persoa xenerosa.
-A persoa dilixente de persoa preguiceira para ter con quen compararse.
-A persoa preguiceira da persoa dilixente para ter de quen aprender.
E así sucesivamente.
Todo se basea na teoría da relatividade.

Por exemplo, vostede pode dicir:

-Eu son unha persoa ordenada porque coñezo otras que...
-Eu son unha persoa estudiosa porque sei dalgún...

-Eu son unha persoa moi aforradora porque hai quen nunca chega a nada e eu... ¡Mira para aí o que xuntei!

-Eu son unha persoa mi honesta porque outra no meu lugar xa tería desfalcado a empresa.

Etc, etc...

O bo que ten todo esto é que nós sempre sómo-los que estamos no lado positivo, sempre sómo-los bos da película.

¡Que casualidades ten a vida!

¡Como se acomoda a nosa mente ó que nos convén!

¡Pero que complexos somos!

Mellor, non xulgar!

Porque sencillamente:

“ACTUAMOS COMO PENSAMOS”

Graciñas por acompañarme neste dilema do que eu non sei como saír.

Vostede si que sabe e seguramente sacará as súas conclusións e se algún día chega a comentalas con algunha persoa , seguro que sairá eriquecida.
Eso é o que eu pretendo

Graciñas outra vez.

Se o considera oportuno, podemos seguir en contacto a través desta sección de Galicia Dixital os xoves de cada semana.
Saudiños.
E se lle parece ben pode ler o artigo da próxima semana titulado. ¡SEMPRE FELIZ!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES