Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivos e Defuntos

miércoles, 02 de noviembre de 2005
Hoxe é o día dos Santos Difuntos, según tradición multisecular. Polo tanto, é o día -era- en que se acudía ós cemiterios galegos para lembrar ós devanceiros desaparecidos.

Como os tempos van trastocando todo, non é xa hoxe -día laborable- cando se pode acudir ós camposantos e elíxense os días festivos anteriores, preferentemente o Día de Santos, para conxeniar os deberes materiais cos espirituais.

Un día ó ano, dedicámolo -aínda que fugazmente- a lembrar ós que nos precederon, como un resto da nosa atávica devoción pola morte e polos mortos. Nun mundo de vivos, onde a vida -a boa vida- ten cada día máis alto altar, o culto ós mortos está en decadencia extensa e intensivamente, quedándonos tal día coma hoxe e as expresións formais nas mortes de amigos e coñecidos como resto da firme crenza en desaparición.

Agora é momento de vivos. Parece como se o fenómeno da vida fose arredando calquera preocupación anterior, e velaquí que nace unha infanta das Españas -Dona Leonor- e todo o demáis se relega a un segundo lugar como se todos estivesemos fortemente preocupados pola transmisión monárquica de dentro, poñamos, de medio século.

Nace dona Leonor e esquecemos as trifulcas polo precio do gasóleo, diminúe a tensión do Estatuto de Catalunya, baixan os mortos na ponte de Santos. Nace dona Leonor e todo o rosa que brilla nesta penínsua se acentúa, atenuando calquera outra cor.

Velaquí o contraste de vivos e defuntos. Unha vida que xorde é unha disculpa para esquecernos da morte, da miseria, do traballo cotián.

Ten que ser, claro, unha vida especial: de papel couché, de glamour, destinada a ser baptizada con auga do Río Xordán con flashes e loor de multitudes.

Somos "extremistas", e apreciamos de xeito especial os extremos da vida: nacemento e morte. Pero, por se acaso, hoxe -festexo da morte aínda que non recoñezamos a súa victoria- Día dos defuntos, unha nova vida segue a marca-la pauta das nosas atencións e das nosas tenruras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES