Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O misterioso paquebote de aCentral Folque

miércoles, 22 de enero de 2014
aCentral Folque é un proxecto de estudo, promoción e divulgación da música formado por un amplo elenco de profesores de recoñecida traxectoria na música como Davide Salvado, Paulina Ceremuzynska, Pedro Pascual ou Roberto Sala entre outros. A iniciativa está producida por Maisa Lago, Mauro Sanín, Olga Nogueira, Ugía Pedreira e Ramom Pinheiro.

Vai dirixido a todas aquelas persoas que teñen como misión vital adicarse á música profesionalmente, desenvolvendo unha carreira neste ámbito. Un bo exemplo é o traballo de Kepa Junkera, “Galiza”, no que os alumnos da escola tiveron ocasión de participar; así como, tamén, colaboraron en “The Cuellar Suite” que foi presentado na Catedral de Dublín. Aparte da sede en Galicia, hai centros análogos como o CAT ( Cataluña), Dastúm (Bretaña), Kodaly (Hungría), D’orfeo (Portugal) ou o Instituto Superior de Arte (Cuba).

Dende aCentral Folque trabállase por unha formación integral da persoa que a leve a adquirir competencias para o desenvolvemento da súa creatividade artística; deste xeito, trabállase toda unha serie de disciplinas que abarcan dende a linguaxe musical á historia do instrumento, pasando por talleres de improvisación que resultan fundamentais para preparar a primeira exposición do/a artista ao público.

Aínda no ámbito pedagóxico pódense destacar os obradoiros realizados no Festival Internacional de Ortigueira, o Postgrao de Música Galega realizado en colaboración coa USC e o Congreso de Antropoloxía Musical. Alén de encontros internacionais entorno a temas específicos de música para os que se colabora con institucións públicas e privadas.

Ademais aCentral Folque é unha plataforma de difusión cultural que procura tocar distintos eidos da nosa cultura e, por suposto, un amplo abano de estilos musicais. Trátase dun proxecto que leva a liberdade por bandeira xerando o ambiente perfecto para crear, recrear e transmitir. Non hai un estilo musical que non colla neste proxecto e isto facilita a fusión e a colaboración entre distintos artistas. Semella, polo tanto, que o alumnado desta escola terá a oportunidade de coñecer de primeira man a aqueles artistas que lle resultaron inspiradores para a súa carreira. Isto quere dicir, que dende a escola estase traballando para formar os artistas que mañá recrearán a nosa cultura nos máis variados estilos.

aCentral Folque é un proxecto amplo que escapa a todas as fronteiras humanas para universalizar a linguaxe artística dende a cultura e a lingua propia, demostrando que as emocións compártense sobre todo na voz, na música e na empatía que provoca a expresión do sentimento.

Un proxecto aberto que sen dúbida axudará o fortalecemento do sector cultural do noso país, porque a cultura tamén é unha garantía de futuro e benestar que trae consigo o progreso intelectual e a irmandade entre os pobos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania