Garelly e A Chata
Fernández, Suso - martes, 21 de enero de 2014
Anacos da historia focega
As vellas e fraternais relacións Laredo/Foz teñen a orixe nos anos vinte, cando don Luis Gutiérrez, laredano conserveiro en Foz, convence ós seus veciños para que se trasladen á nosa vila pescar á sardiña, tan abondosa no contorno. Pero a operación, non resultou ó depreciarse o peixe polas desbordantes capturas e os pescadores, lonxe dos seus fogares, tiveron serias dificultades para sobrevivir; pero aquí toparon con xentes que os acolleron e compartiron con eles a súa pobreza, sementando os primeiros lazos de fondos afectos.
Din as crónicas que na República, e para as obras do malecón norte de Laredo, precisaban unha embarcación con grúa e demais pertrechos que había en Foz (A Chata). Las relaciones entre los pescadores de ambos puertos dí o relator siempre fueron muy cordiales y amistosas, por lo que, entablados los contactos, se llegó a un acuerdo para que la Chata viniese a nuestra villa
. Ésta foi tripulada por mariñeiros laredanos e cóntase que por la envergadura de la grúa la estabilidad era muy precaria y don Pelayo- el experto maquinista que la mandaba- tuvo una singladura muy peligrosa ya que cuando no los vientos recios, el estado de la mar, o la combinación de ambos, hacían que la nao escorase peligrosamente
.
Dirixía as obras do malecón don Antonio Garelly de la Cámara, enxeñeiro de Camiños, que fora moitos anos Director da Comisión Administrativa de Portos, dende o que prestara especial atención ós do norte, e Foz non fora excepción; por iso a Corporación Municipal, que presidía Pepe Beltrán, o 29-1-59, a proposta da Confraría, acorda dirixirse ó Ministro de O.P. solicitando para o señor Garelly a Orde do Mérito Civil á súa xubilación, dado o acertado labor durante preto de 20 anos ó fronte de dito organismo, do que esta vila se beneficiou. Antes o concello acordara dar o seu nome ó primeiro muelle de atraque no peirao, fronte ós xardíns Conde de Fontao, que dende entón chámase Malecón do enxeñeiro Garelly.
Na posguerra abríase un novo, e longo capítulo das relacións Laredo/Foz das que garda memoria o Paseo de Laredo na Rapadoira. Pero esa é outra historia non menos fermosa e solidaria.
(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora