Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díscolos

lunes, 20 de enero de 2014
Di o diccionario Xerais, sobre díscolo: 'Que non se somete facilmente a unha determinada autoridade, agresivo no trato; atravesado, indisciplinado, indócil, rebelde'.

Velaí o verdadeiro significado dunha das palabras que máis se ve reproducida nos últimos tempos neste mesmo xornal, noutros xornais que cobren así mesmo a información local, e que tamén se escoita, boletín horario tras boletín horario, nas emisoras de radio que centran a súa información cotiá no esquizofrénico ambiente político da capital.

Non sei eu se ós -e ás- que alude este repetido epíteto cumpren ou non cumpren tódolos adxectivos do retrato literal que o diccionario fai da palabra. Supoño que non chegan a cumpriren algúns deles, tales como 'agresivos no trato' ou 'atravesados', pero o caso é que coa súa actitude -en contraposición á actitude da parte contraria- nestes intres xa teñen a toda a opinión pública galega completamente atónita e coa gorxa esfarelada logo de ter que engulir cada día rodas de muíño tan grandes coma as que permiten circular ós camións das obras do Ave.

Onte mesmo escoitei na radio unhas declaracións dunha das dúas concelleiras que se apartaron da xunta de goberno, nas que dicía algo así como: 'Non creo eu que poida ser considerada unha indisciplina o feito de non asistir a unha reunión por ter que dedicarlle tempo á miña concellería e, polo tanto, non creo que o alcalde me vaia sancionar por estar á fronte das responsabilidades que me ocupan na miña área de goberno'. Non é literal, pero o sentido das súas explicacións ían máis ou menos por aí e, como é ben sabido, foron realizadas despois de presentar un escrito de renuncia a formar parte da xunta de goberno e logo de non asistir, xunto co resto de concelleiros do devandito 'subgrupo' díscolo, á reunión semanal do grupo, á que tamén estaban obrigados.

Repito, non sei se serán atravesados -neste caso, atravesada- ou non, pero, o que si son, por máis que non contemple esa definición o rexistro, é uns descarados -ou, descarada, neste caso-, porque o descaro co que están mareando a perdiz, día si e día tamén, e a impunidade, a insolencia e a desvergoña coa que tratan de xustificar o inxustificable roza verdadeiramente o insulto, non só ós sufridos, pacientes e eu case diría que anestesiados veciños e votantes da cidade de Ourense, senón a todos cantos cremos que a 'cousa pública' é -ou debería ser- unha 'cousa seria', ademais dun exercicio conscientemente libre de compromiso persoal coa sociedade á que se serve, que esixe tanta dose de honradez na mensaxe, como integridade nas súas formas e tanta sinceridade no discurso como honestidade na súa pronuncia.

Non entendelo así inhabilita de contado a calquera para dicirse representante da 'cousa pública', porque non hai peor aldraxe ca rirse da xente á cara.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES