Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuventude & vellez

lunes, 20 de enero de 2014
Teño un entrañable amigo que é un defensor das alternativas que ofrece a xuventude diante da vellez . Enfronte tenme a min que coma puido empéñome en defender a condición diso que, con certo eufemismo, chamamos terceira idade – quizais sexa porque xa formo parte dela- . E acubillo os meus argumentos en base á bagaxe que unha persoa “madura” ten sobre unha “verde” que aínda non tivo tempo a almacenar e reciclar a precisa experiencia vital para ter unha visión clara da realidade coma a que ten alguén bragado da dura tarefa de enfrontarse á vida en todos os seus rexistros.

Dende que o mundo e mundo a xente nova xogou un papel moi importante en certas facetas da vida baseadas neste requisito. A preparación física resulta fundamental para exercer actividades que están postergadas á xente de máis idade, pero é preciso a maior ensamblaxe entre estas dúas condicións para establecer o equilibrio necesario nesta película chamada vida na que non podemos rebobinar a cinta e repetir.

Queirámolo ou non xuventude e vellez están abocadas a vivir na mellor harmonía posíbel. Atopámonos na teoría da dualidade: non hai ben sen mal, non hai luz sen escuridade e non hai vellez sen xuventude. Novos e maiores téñense que complementar da mellor maneira e fuxir da idea de xuventude versus vellez.

Estes días chamoume a atención unha nova que se refería ao nomeamento como ministro de exteriores nun país europeo (Austria) dun rapaz de 27 anos. Había pouco que se presentara a unhas elección municipais facendo campaña subido a un “jeep” de cor negro acompañado dun grupo de rapazas en bikini. O mesmo resulta un bo ministro, tal e coma está agora o listón, pero eu non estaría moi tranquilo co seu traballo a non ser que estea acompañado na súa función dalgún conselleiro de máis idade e xa que logo de máis hábito nestas lides. A experiencia necesaria non se aprende nos libros: é precisa unha traxectoria, un longo percorrido polas intricadas vereas da vida. Un non chega a “Premio Nobel” aos trinta anos e por algo será: hai que lle dar tempo ao tempo.

É verdade que na medida en que un vaise poñendo vello vanse perdendo certas facultades, pero non é menos certo que a vellez dáche certa autoridade en cousas que aínda están vedadas para a xente nova. Os novos aprenden dos vellos ; uns poñen as facultades e os outros a sabedoría. Non habería posibilidade de progresión se aqueles careceran das ensinanzas destes. É lei de vida e así temos que tomalo: apreciando a evolución dos novos e recoñecendo a achega dos maiores aos que moitas veces abandonamos a súa sorte dicindo que están acabados. En certos aspectos un acaba cando desaparece, cando morre, como acabaron por exemplo os dous “pablos”: Pablo Picasso na arte plástica e Pau Casals na música.

Que lle hai que dar porta aberta á xente nova? Si, pero sen pechárllela a aqueles que deixaron e deixan pegada nas súas actividades, dende o traballador manual aos que andan polas artes creativas, pensamento, deportes e empresas.

O meu amigo e mais eu as veces debatemos sobre isto sen outro propósito
que a conversa en si mesma, pero nos nosos postulados non estamos facendo outra cousa que axuntar as dúas propostas: o necesario achegamento entre a xuventude a e a mal chamada “terceira idade”.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania