Sobre o precipicio
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de enero de 2014
O acantilado era tan escarpado e tan alto que impuña bastante. A familia de Beremundo Carpazo Feijoo estaba a percorrelo dende a primeira hora da mañá.
Ó pouco, Beremundo viu como o seu fillo máis vello Jandro se asomaba de forma perigosa ó abismo. Ten coidado, rapaz, que podes caer. Aínda non acabara de recitar a frase cando notou que Jandro se inclinaba demais sobre o precipicio e tamén viu cómo o rapaz tropezaba e caía ó baleiro. Beremundo berrou como non berrara na súa vida. Berrou tanto que non lle saían as palabras.
Quería pedir socorro para que o oíran dous pescadores que estaban preto. Os ollos non se apartaban do fondo, onde imaxinaba a Jandro, pero sen saber se estaría vivo ou morto. A angustia era tal que as ganas de mexar espertaron a Beremundo do seu sono e soño.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora