Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fender Bucles

jueves, 16 de enero de 2014
Xórdeme, a reflexión de hoxe, ó fío do debate aberto estes días (e sobre o que dalgún xeito xa reflexionaba a pasada semana verbo da nova composición do Parlamento) con motivo da última distribución de fondos comunitarios da Axencia de Desenvolvemento Rural e do mal parada que -unha vez máis- sae a provincia de Ourense, sumida na perversión dun bucle sen fin que nos mantén embeleñados dende hai décadas na narcotizante dinámica de que, porque somos menos poboación adoitamos recibirmos menos fondos, e como nos toca menos no reparto xamais teremos fondos suficientes para crearmos sinerxias de inversión que xeren un incremento demográfico que xustifique que nos outorguen máis fondos no reparto.

Semella un pouco complicado, pero é moito máis simple do que aparenta, tal e como estou seguro de que corroborará nos seus adentros o parlamentario do Partido Popular de Valdeorras, Moisés Blanco, malia que a corrección política, a lealdade ó seu partido e o oficio de parlamentario defensor do goberno ó que se debe, o teña levado ata os cerros de Úbeda para procurar unha explicación a ese reparto que, estou seguro, como ourensán tampouco aproba el.

Botando man dun argumentario tan manido como covarde no sentido de verter as culpas sobre terceiros co fin de evitar teren que cargar con elas el e mailos seus, asegura o parlamentario valdeorrés que 'o reparto deses fondos fíxose seguindo criterios técnicos e rigorosos'.

É dicir, poñamos por caso: Que a negociación da chegada de fondos mexicanos para reflotar o naval galego saíu ben, flores -entón- para o presidente da Xunta e, como consecuencia, para o partido político que o presidente representa e no que milita el. Que a mesma negociación, polo que fose, tivese concluído de forma insatisfactoria para os estaleiros vigueses, logo entón habían seren criterios técnicos os que aconsellaran ós responsables da factoría a súa desviación cara outras latitudes. E todos tan contentos...

Pero non. Non, porque para evitar iso foi, precisamente, para o que hai tantos séculos que foi inventada a política. Esa mesma política que a el lle concede un bo salario mensual. É dicir, para tomar decisións que axuden a fender bucles coma o que enunciei liñas enriba e poidan introducir elementos de reequilibrio socioeconómico que os criterios técnicos non teñen por qué contemplar nas súas fórmulas asépticas e de renglón.

Senón, que gobernen os técnicos. Velaí a fatal consecuencia -para el- cara onde nos derivaría contundentemente a teoría da razón.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES