Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ben non fai ruido

jueves, 16 de enero de 2014
Amigos lectores desta sección de Galicia Dixital:
-Xa pasaron as festas nadalencas.
-Xa neceu o Neno Deus nas Familias Cristiás.
-Xa pasou Papá Noel, procedente de moi lonxe, para deixar regalos nalgunhas casas nas que os nenos e maiores foron moi bos.
-Xa veu o PANDIGUEIRO, o APALPADOR, procedente da Montaña, deixando ricas noces e sabrosas castañas polas casas ós nenos que son comedores.
-Xa pasaron os Reis Magos de Oriente que volvían de ve-lo Neno no Portal de Belén.
-Tamén viñeron os Reis de Occidente a traernos mimos e agasallos para mostrarnos o seu cariño e para alegrarnos un pouquiño máis a vida.
-Xa cantamos panxoliñas.
-Xa tomamos turrón.
-Xa...
-Xa pasaron as festas.

Foron unhas festas moi celebradas, con alegría, luces deslumbrantes, colorido e alboroto dentro e fóra das casas.
-Xa estamos a dezaseis de xaneiro
-Xa empezaron as rebaixas
-Xa empeza a costa de xaneiro..
Xa é hora de emprender con ganas un ano novo ó que lle pedimos os mellores desexos:
-Saúde.
-Traballo.
-Educación.
-Paz.
-Que se amañe o mundo.
-A felicidade...
-E moitas outras cousas a nivel persoal: encontrar traballo, boa convivencia nas familias, curar unha enfermidade, solucionar aquel problema que tanto nos preocupa, amor, etc, etc

Xa sabemos: os mellores desexos para todos.
Neso estamos todos de acordo.
Os desexos están formulados, agora toca poñe-los medios para conseguilos, porque di o refrán: “A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO”.

Non podemos esperar que todo caia do ceo sen dar pancada.
Da mesma maneira que ninguén nos pode botar unha man se cada un de nós non nos esforzamos en alarga-la nosa para alcanza-la de quen nos quere axudar.

1.- O BEN MÁIS PRECIADO É A SAÚDE, eso ninguén o pon en dúbida.
- A veces témola e outras, falla.
Cando falla precisamos axuda. Grazas a todas aquelas persoas que están dispostas a coidar ós enfermos, porque ó sentírense queridos, recupéranse máis axiña.

-A veces coidámola, otras non.
Naraboa para aquelas persoas que coidan a alimentación comendo o más saudable posible, respetando os horarios, as idades e a situación de cada un.

Parabénms para aquelas persoas que traballan para vivir, administrando o seu horario, reservando:
-Un tempo para estar coa familia (especialmente cos nenos e enfermos)
-Outro para disfrutar e compartir coas amistades.
-Outro para axudar ó próximo.
-Outro para o lecer porque non só de pan vive o home…

E cando a saúde nos falle, que non falten coidados ós enfermos, que ó meu entender, son sagrados.

2.- O SEGUNDO BEN MÁIS PRECIADO É O TRABALLO.
Dicía un criado que houbo na miña familia que do traballo saía todo.
Se non sae todo, si que saen moitas cousas: bens materiais (sustento, vestido, calzado, casa, colexios, coche...), bens intelectuais (estudio, escola, coñecementos, arte, literatura, ciencia, lecer...) e incluso bens espirituais.

Todos necesitamos un traballo por varios motivos:
-Para realizármonos como persoas ante nós mesmos e ante a sociedade na que estamos inmersos.
-Para gañarnos o pan de cada dia.
-Para facer un ben social á comunidade, relacionándonos cos outros.
-Para mellora-la nosa autoestima.

Tempos atrás ninguén quería o traballo porque abundaba. O bo era vivir como señoritos, de rendas.
Tivo que chegar o momento no que os postos de traballo escasean para valoralos na súa xusta medida.

Felices aquelas persoas que teñen traballo e que saben valoralo e desempeñalo con responsabilidade e profesionalidade, considerádoo como unha bendición e non como unha carga.

Felices aquelas persoas que tivemos a sorte de traballar moitos anos para poder disfrutar dunha xubilación.

Antes os traballos dignificaban ás persoas; hoxe son as persoas as que dignifican os traballos.
Mellor dito:
“Tódolos traballos son dignos cando os realiza unha persoa con dignidade”.

3.- EN TERCEIRO LUGAR O QUE MAÍS VALORAMOS É UNHA BOA EDUCACIÓN.
Valoramos moito que unha persoa teña unha boa instrucción que lle permita realizar un traballo ben remunerado e con certo prestixio social.
Pero aínda valoramos moito máis a unha persoa cunha boa educación, porque ter educación é moito máis que ter instrucción.
Para ter educación hai que posuír instrucción, pero para ter instrucción, non sempre é necesaria a educación.
Por eso preferimos ás persoas cultas sen esquece-las instruídas.

Felices aquelas persoas que tiveron a sorte de criárense nunha famila con valores e ademais puideron adquirir unha formación académica (necesaria para calquera profesión); que lles permita realizar a súa función con responsabilidade disfrutando co que fan.
Tamén temos a obriga de valorar moi positivamente a todas aquelas que non encontraron o traballo para o que están máis capacitadas, pero como son responsables, saben acomodarse á situación.

4.- EN CUARTO LUGAR TEMOS A PAZ.
A paz debe estar presente en todo porque se unha persoa ten boa saúde pero é rallante a máis non poder, vive amargada e amarga a vida ós que a rodean.
Se ten traballo pero ten mal carácter, as relación co xefe, cos compañeiros e co público vexe moi empobrecida.

Felicito a todas aquelas persoas que moitas veces fan grandes esforzos para que reine a paz alí onde elas están.
Con razón di a Biblia que delas é o reino dos ceos, porque son un bocadiño de ceo.
Eu coñezo moitas e seguro que vostede tamén.

Esas persoas son un relax de valor incalculable.
-Dá gusto telas na casa.
-Dá gusto traballar con elas.
-Dá gusto telas como amigas.
-Dá gusto telas como veciñas.
-É unha bendición ser unha delas.

Nunha ocasión, estando nun oncolóxico cunha persoa que loitaba cun cancro e que se percibía que non tiña moita paz na súa casa, oínlle dicir:
“COSTA MÁIS CONSEGUI-LA PAZ QUE O PAN”
E penso que tiña razón. Por eso eu intento por tódolos medios ser unha persoa de paz.
Admiro ás persoas pacíficas, ás persoas que coa súa paz son capaces de cubrir os defectos doutras e fan posible a convivencia.

5.- TODOS DESEXAMOS QUE SE AMAÑE O MUNDO.
Cando algo vai mal, temos por costume empregar un pronome de terceira persoa (que se amañe), mesmo unha forma impersoal do verbo haber (hai que amañar) ou un verbo en modo potencial (Habería que facer esto ou aquelo)

Cando así falamos, -que son moitas as veces-, o que estamos pedindo é que fagan os outros ese amaño, porque nós consideramos que xa estamos facendo o que debemos ou o que podemos facer.
Disculpas de mal pagador.
Ninguén nos vai quita-las castañas do lume se nós mesmos non nos poñemos a quitalas.

Neste mundo todos temos unha reponsabildade, todos temos un lugar, todos somos importantes aínda que a veces dicimos que somos prescindibles porque dicimos que non valemos para nada.
Cando nós pasemos á eternidade, o mundo seguirá sendo mundo igual que pasou cos nosos antepasados; pero mentres que estamos aquí: estamos para algo.

Ese algo é a nosa misión.

Se cada un de nós non cumpre coa súa misión por pequena que esta pareza; quedará un oco no puzle da humanidade.
O mundo non se amaña só, nin o amañan os polítocs sós por moi boa vontade que poñan na súa función, nin os ricos por moito poderío ecnómico que teñan.

O mundo témolo que amañar entre todos.

Cada quen ten que valorar a importancia da súa misión sen esperar o aplauso de nadie, porque cando se cumpre coa misión encomendada, non se está facendo nada extrardinario.
Estase facendo o que se debe para ben dun mesmo e para beneficio de toda a humanidade.

6.- A FELICIDADE É O QUE MÁIS DESEXAMOS TODOS: Non coñecín a ninguén que non quixera ser feliz.
Tamén e certo que a felicidade plena ninguén a ten porque hai quen di que neste mundo non se pode alcanzar.
É probable que así sexa, pero tamén é ben certo que podemos facer moitísimas cosas das que están ó noso alcance, que producen anacos de felicidade.

Non se pode saborea-la felicidade toda de golpe. Hai que deixar algo para outro día e tamén algunha para os outros.
Eu lembro que cando era nena gustábanme moito os xelados (aínda me gustan hoxe), pero non tiña cartos para mercalos.
Daquela o que facía cando podía comprar un, era paladealo pouquiño a pouco, tan lentamente como durase sen derreterse.
Deste xeito facíame a idea de que me duraba máis e era feliz máis tempo.
Cousas de nenos, pero que a veces nos dan grandes leccións.

Vostede e persoas como vostede son aquelas persoas que aínda conservan os valores tradicionais e universais de convivencia.
Este grupo de persoas son os axentes principais para unha recuperación dos valores que sempre valeron para levar unha vida digna.
Vostede e persoas como vostede fan moito ben aínda que non fagan ruido, porque :

O BEN NON FAI RUIDO, PORQUE ACTÚA CALADIÑAMENTE.
E O RUÍDO NON FAI BEN PORQUE PRODUCE MOITO ALBOROTO, MOIT BALBORDO. (Moito ruído e pocas noces).

Hoxe en día púxose de moda reclamar dereitos facendo moito ruído porque así é o modo máis doado de saír nos medios de comunciación de masas.
Esa é tan só unha manera de manfestar o descontento, pero tamén hai outras que aínda que sexan silenciosas, non son menos efectivas.
Son a levadora no medio da masa. Non se ven, pero fermentan a masa coa que están en contacto.

Todo está ben con tal de que se faga con medios lícitos e conformes á moral.
Pero a parte de manifestacións, tamén fan falta accións que leven á consecución dos obxectivos que nos propoñemos.
Seguramente que este ano que acabamos de comezar, irá dando froitos conforme nos vaiamos concienciando de que o país é de todos, tanto á hora de arruinalo como á hora de enriquecelo.
E seguro que preferimos o segundo.

Polo tanto confiamos que será un ano prometedor para todos, porque para mostra vale un botón. Dos erros tamén se aprende e neso andamos.
Moitas grazas por terme na súa consideración.
O vindeiro xoves tocará outra cosa, que vén sendo unha continuacíón do que acaba de ler.
Titúlase: “ACTUAMOS COMO PENSAMOS”
Espero que sexa do seu agrado.
Saudiños.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES