Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Santa Compaña

miércoles, 15 de enero de 2014
Desde o Preguntoiro

Os señores gobernantes da Xunta xa comezan con trucadas aplicando de “tapadillo” o copago de fármacos nos hospitais. Non só lles chega isto, senón que agora privatiza a esterilización do instrumental sanitario a unha empresa por 160 millón anuais.

Esta ameaza xa se vía vir fai preto de dous anos, foi cando sacaron o decreto de área sanitaria de xestión integrada de Pontevedra do Hospital do Salnés. Aquilo era unha ameaza latente da privatización.

A Santa Compaña atópase en San Caetano, son como morcegos chupadores de sangue e en beneficio das empresas (amiguetes) que só teñen unha forma de gañar diñeiro: aforrar parte do diñeiro público que recibe do goberno. Non é tan difícil o saber como o fan: incentivar ao persoal sanitario para que solicite menos probas diagnósticas, tratamentos más baratos, que os pacientes fiquen o menos tempo hospitalizados, que se fagan menos revisións, menos persoal de limpeza e administrativo, non contratan nin médicos nin enfermeiras e precarizando ao máximo as condicións laborais dos traballadores da sanidade etc.

A prestixiosa revista Inglesa The Lancet e outros medios especializados como British Medical Journal, denunciou o desmantelamento da cobertura sanitaria universal en España, cuns elevados recortes, sendo un dos países máis baixos no gasto sanitario dos países do noso entorno, facendo fincapé das medidas do copago farmacéutico dos pensionistas. Non soamente somos a vergoña de Europa, senón que estas privatizacións son contrarias ás resolucións da ONU.

Este é un momento histórico, onde a atención sanitaria universal e en igualdade de condicións que acadaron os nosos antepasados, nola están arrincando para encher o bandullo e as contas de resultados dun puñado de cobizosos lambóns.

Non sei se alguén da clase media, traballadora enganada desfruta do votado, porén, o desfrute pouco vailles durar; Esta Santa Compaña, non van deixar nestes anos que faltan de lexislatura nin pes nin cabeza sen cortar. Nin con cruces, allos e fisgas vai ser abondo para mantelos afastados da nosa vista.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES