Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De "Chícaros" e nostalxia

lunes, 13 de enero de 2014
O vindeiro fin de semana celebra Foz a XI Festa do Chícaro, o humilde e saboroso marisco bivalvo ó que os foráneos chaman “berberecho”, apelativo adoutado polos políticos locais, e dos que, co histórico maltrato medioambiental sufrido polo hábitat, masacrado pola sucesiva agresión da obra inútil durante moitos anos na ria, e alteración da súa morfoloxia. non conservan sequera o nome focego tradicional, arrebatada a identidade e empobrecida a linguaxe lugareña.

Nas nosas pescudas non atopamos outro lugar onde chamen “chícaros”, o que fainos pensar que só aquí reciben tal nome; pregúntase un a qué ven trocalo; por qué imos ser depredadores das nosas peculiaridades, da cultura popular, de algo que pertence á tradición da nosa tribo e forma parte dos rasgos que nos singularizan.

Foi por mediados de século pasado (anos 50/60) cando, por causas naturais, entraron na ría unhas grandes cantidades de chícaros; eran tamén tempos nos que as cancións dos mariñeiros ían paralelas á vitalidade dun porto, dos primeiros de A Mariña por flota e capturas; episodios ambos que terán réplica na festa do chícaro, na que se prodigarán os cantos de taberna, tan tradicionais no mundo mariñeiro focego.

Avezados e xoves pescadores, poseedores de fermosas voces, tiñan nas cantigas o leit motiv das súas xuntanzas: Mancha, Chingla, Alberto, Normando, Suso da Ramallada, Paco da Laia, Saturno, Moncho da Cacarela e moitos outros formaban os elencos das actuacións espontáneas que, nas noites de luar, tiñan extensión na serenata, baixo a fiestra da fermosa: “Despierta dulce amor de mi vida/ Despierta si te encuentras dormida:/ Escucha mi voz/ vibrar bajo tu ventana/ que en esta canción/ te vengo a entregar el alma./ Perdona si interrumpo tu sueño; /pero no pude más y esta noche te vengo a decir:¡te quiero! “, ou aquela : “Miña ruliña; meu pensamento/miña ruliña do meu tormento:/eiche cantar miña nena/ non te quero despertar/ pra que mañán os teus ollos / teñan un doce mirar…”.

A nostalxia invade a lembranza dos días de mocidade…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES