Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díaz Castro: Letras Galegas

viernes, 10 de enero de 2014
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS PARA DÍAZ CASTRO

Por fin, si. O Día das Letras Galegas de 2014 estará dedicado ó poeta Xosé María Díaz Castro, membro destacado da chamada Escola Poética do Seminario de Mondoñedo. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega celebrado a comezos do pasado verán. O dezanove de febreiro de 2014 van cumprirse os cen anos do seu nacemento na barrio do Vilariño, na parroquia guitiricense de San Vicenzo dos Vilares.

O Día das Letras Galegas para este poeta nacido na Chaira foi reiteradamente pedido desde o Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo, desde a folla Dumio, desde a revista Amencer, desde a Asociación Xermolos de Guitiriz, desde o IES “Díaz Castro” de Guitiriz e desde outros colectivos. Por fin, conseguiuse.

Xosé María Díaz Castro é o cuarto poeta, que se formou nas aulas do Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo, ó que lle dedican o Día das Letras Galegas. O primeiro foi Antón María Noriega Varela a quen se lle dedicou no ano 1969 ó cumprírense os cen anos do seu nacemento en Mondoñedo. O seguinte foi o vate mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro homenaxeado no ano 1983. A Aquilino Iglesia Alvariño dedicóuselle o Día das nosas Letras no ano 1986. E agora, o ano que vén, como queda dito, o poeta homenaxeado vai ser Xosé María Díaz Castro. Como pode verse trátase de dous poetas nacidos na vella cidade episcopal de Mondoñedo e outros dous nacidos na Terra Chá, terra que, como dicía Manuel María (esperamos que lle dediquen o Día das Letras Galegas de 2015), “imprime carácter”.

Xosé María Díaz Castro, na opinión da maioría dos expertos e dos críticos literarios, é un dos mellores poetas de Galicia, é unha das mellores voces poéticas deste vello país, situado na Fisterra de Europa. Un país cunha lingua de seu. Un país, como moi ben dixo un dos seus fillos máis egrexios, “dos dez mil ríos”, “dos mil vales”, “un país fermoso e eternamente verde”.

Francisco Fernández del Riego escribiu: "Lendo as páxinas de Nimbos decátase un de que o seu autor posee unha linguaxe fiel, cinguida, e suntuosa ao mesmo tempo; unha linguaxe de imaxes xustas, sorprendentes de riqueza e de poder de evocación. Unha linguaxe, ao cabo, que vai onde debe ir, sen o menor desmán oratorio. Posee, tamén, unha raizame clásica. Decántase e acéndrase de xeito ascensional, ata cristalizar nunha estética de personalismo enxisgo. Ben se bota de ver, polo dito, que Díaz Castro non pertenece ao grupo de escritores que "traballan" para a súa propia gloria. Aínda que iso non deixou de perxudicar o esparexemento da súa madurecida poesía, valora positivamente o acento que singulariza" .

Tempo haberá, ó longo deste ano 2014, de ir esmiuzando a poesía e a traxectoria vital de Xosé María Díaz Castro.
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES