¿Un concilio Vaticano III?
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - viernes, 10 de enero de 2014
Oapa Francisco co seu modo de ser e de pensar espertou en todos nós a razón cordial, sensíbel e espiritual. O Papa Francisco ten todas as condicións para convocar o conxunto das expresións cristiás, de homes e de mulleres,
UN CONCILIO DE TODA A CRISTIANDADE
Celebramos 50 anos da morte do Papa Xoán XXIII (1881-1963), seguramente o Papa máis importante do século XX. A el débese a renovación da Igrexa Católica que tentou definir o seu lugar dentro do mundo moderno. O día 25 de xaneiro de 1959, sen avisar a ninguén, declarou diante dos Cardeais estupefactos, reunidos na abadía beneditina de San Paulo xunto aos muros, que ía convocar un Concilio Ecuménico.
Efectivamente, o Concilio Vaticano II se realizou en Roma (1962-1965);
Dous eran os seus motivos principais: aggiornamento e Concilio pastoral. Aggiornamento é dicir: si ao novo, si á actualización da Igrexa na súa linguaxe, na súa estrutura e na súa forma de se presentar no mundo.
O Concilio colocou a Igrexa dentro do mundo moderno, participando dos seus avatares e das súas conquistas.
Pasaron xa 50 anos do Concilio. O mundo e o submundo mudaron moito. Xurdiron novos desafíos: da globalización económico-financeira e a consecuente consciencia planetaria, a disolución do imperio soviético, as novas formas de comunicación social (internet, redes sociais e outras) que unificaron o mundo, a erosión da biodiversidade, a percepción dos límites da Terra e da posibilidade de exterminio da especie humana e con ela do proxecto planetario humano.
Coas categorías do Concilio Vaticano II non daremos máis conta desta nova realidade ameazadora. Todo apunta cara á necesidade dun novo Concilio Ecuménico. Agora non se trata só de convocar só os bispos da Igrexa Católica. Fronte aos perigos que nos ameazan, todo o Cristianismo, coas súas igrexas, está sendo desafiado.
O Papa Francisco ten todas as condicións para convocar o conxunto das expresións cristiás, de homes e de mulleres, asesorados por persoas de notorio saber, mesmo non relixiosas, para identificar o tipo de colaboración que podemos ofrecer na liña dunha nova consciencia de respecto, de veneración, de coidado de todos os ecosistemas, de compaixón, de solidariedade, de sobriedade compartida e de irrestricta responsabilidade, pois todos somos interdependentes.
ANTECEDENTES:
Carlo Maria Martini ( Cardenal xesuita e arcebispo de Milán (1979-2002). pai espiritual do PAPA FRANCISCO- en La Repubblica, 18 de xuño de 2009:
É certo que o Vaticano II perdeu unha parte do seu empuxe. Pretendía que a Igrexa afrontase a sociedade moderna e a ciencia, pero afrontamento foi só marxinal. Estamos aínda lonxe de ter abordado este problema, e ata parece que volvimos a mirada cara atrás máis que cara adiante.
Aclaro esto, si son partidario doutro conciloiodoutro concilio, e incluso estímoo necesario.
"A relación da Igrexa cos divorciados. Afecta a moitísimas persoas e familias e, desgraciadamente, o número de familias implicadas ser´cada vez maior. Haberá que afrontalo con intelixencia e con previsión.
Entre os cardenais estará o seu futuro sucesor
O papa Francisco prepárase para tomar unha das decisións máis importante do seu xoven pontificdo nas próximas semanas, cando nomee novos cardenais, os "príncipes da Iglexa" que lle axudarán a forxar o futuro e que un día elexirán ao seu sucesor.
A elección de cardenais é unha das mostras máis claras da dirección que o Papa quere que sigan os 1.200 millóns de cat´`olicos, e que tipo home quere que o suceda.
Francisco ten tratado de cambiar a imaxe da Igrexa desde que foi elixido en marzo, así que a súa elección dos cardenais, que asumirán o cargo o 22 de febreiro, é máis agardada do habitual, prevéndose que anuncie aos elixdos antes do remate do mes de xaneiro actual.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel