Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As escalas do poder

miércoles, 08 de enero de 2014
Hai unha historia que vai relatando cal elemento é máis poderoso... E resulta que máis poderoso que a madeira é o lume que a queima, máis poderosa que o lume e a auga que o apaga, máis poderosa que a auga é a vaca que a bebe... e así vai relacionando elementos con valores que estimamos absolutos pero que cada un deles resultan ser relativos cando se consideran dentro dunha escala na que van véndose relacionados.

Esto faime pensar que se a min, a calquera cidadán, un policía municipal me pon unha multa por aparcar mal, queda claro que o servidor público ten un poder sobre min, ao que me teño que someter. Ese policía, chegado ao cuartel, poñerase firme diante do primeiro superior que atope. Este, á súa vez, diante do Xefe da policía municipal, ou como se lle chame agora a ese cargo. E o Xefe da Policía municipal, poñéndose firme ou sen poñerse, diralle “Ás súas ordes” ao Concelleiro Delegado, e este – á súa vez – renderá obediencia ao Alcalde.

Aí remata a escala de mando, de poder. Normalmente. Porque o Alcalde, chegado o caso, cando vai declarar, ponse firme diante da autoridade (xudicial, por suposto), porque en determinadas materias e acontecementos é o seu superior non xerárquico.

Velaquí elementos que considerados invidualmente teñen un valor absoluto, pero cando os relacionamos aparecen condicionantes, subordinantes, que colocan a cadaquén no seu lugar.

En Lugo, estes tempos, a escala do poder non remata na máxima autoridade do Concello. Menos mal que o Alcalde ten dito que se tivera menos de dúas imputacións ao ano sería un mal alcalde. Visto así, (Hai que ver!), que bo alcalde temos!.

E considerado o panorama cunha perspectiva máis ampla, ¿Que dirá a Infanta da súa imputación?.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES