Carta a unha amiga francesa
Cardalda, Theo - miércoles, 08 de enero de 2014
Desde o Preguntoiro
Estimada amiga Françoise:
O presidente Sr. Rajoy remata de inaugurar o novo ano 2014, o fixo cunhas declaracións optimistas como si este país fora o seu cortijo. Como ti sabes amiga, deixamos atrás dous anos de leis antisociais e represivas e cunha corrupción galopante que afecta a tódalas estruturas do poder onde destacan a reforma laboral de Báñez, a lei educativa de Wert, a reforma da Administración Local de Montoro, a de seguridade de Fernández, ou as leis de Gallardón de taxas xudiciais e regulación do aborto. Levan dous anos gobernando para unha minoría como son a banca, as multinacionais e grandes fortunas.
Din que teñen maioría absoluta, iso só é unha ferramenta, non unha arma nin unha coartada. Ademais, non lle votou nin o 30 por cento do censo electoral e crense os señores deste cortijo chamada España, porén, esquécense de que son só os administradores.
Amiga Françoise, xa temos falado longo e tendido sobre estes demócratas reconvertidos naquela transición política (daqueles pos veñen estes lodos) . Lembro moi ben aqueles anos (1977), cando en París ti me dicías: como é posible que perdure unha ditadura de corenta anos onde agora saen demócratas ata debaixo das pedras. Agora teño que darche a razón, xa que todas esas leis en contra do pobo teñen unha carga ideolóxica aínda que veñan disfrazadas de eufemismos.
Un dato significativo que ti puideches ler nos xornais franceses, garda moita relación co que ti me dicías: non se pode concibir na Europa actual que un ministro (Gallardón) poida presentar un libro facendo apoloxía do facismo-franquismo con grandes fotos do ditador.
Camarada Françoise, os dereitos acadados os están convertendo en delitos. Que longo se me fai o réxime franquista.
Non sei si nestes dous anos que quedan de maioría absoluta e optimista as cousas vaian a peor, se este fora o caso vou ter que pedir asilo político na túa casa de París.
Bicos e apertas amiga Françoise.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora