Foz: 100 anos con luz
Fernández, Suso - martes, 07 de enero de 2014
A electricidade non é un invento, senon un descobremento. Quérese decir que é un fenómeno natural, fonte de enerxía que sempre existiu. O home aprendeo a coñecela e a aproveitala, creou máquinas para producila e utilizala ó seu antollo, e inventou, e segue inventando, aparellos que funcionan grazas ós efectos eléctricos, dende a bombilla ás computadoras.
Todo isto levouse á práctica nos últimos douscentos anos, a pesares de que as primeiras sospeitas sobre a enerxía invisible data de hai 2500 anos, ó tempo dos gregos. O termo Electricidade, ven do grego electron. Pero a historia que coñecemos comezou en 1800, cando Volta inventou a pila eléctrica.
Cen anos despois empleábase en oficinas, lugares públicos e vivendas; pero as primeiras lámparas, de mediados do s. XIX, tiñan unha vida moi curta. Cando Swan en Inglaterra e Edison en EE.UU. encararon o problema, xa contaban con bombillas moi perfeccionadas e as primeiras compañías eléctricas naceron para suministrar corriente para o alumeado.
A Foz chegaría éste uns trinta anos despois do invento de Edison. Así, na acta do pleno do concello, do 4-8-06 dise: A Corporación Municipal informa ó señor Enxeñeiro Xefe de Obras Públicas de Lugo que o concello ve con gusto que don José Reimunde transporte do salto da Cazolga a enerxía necesaria para o alumeado público e doutras industrias.
O 21-4-07, lese: O alcalde acctal, Ramón Doce, da lectura a instancia de Ramón L. Castiñeira, arrendatario da forza motriz para dotar de enerxía eléctrica á nosa vila, e acórdase concedela para tender a rede para suministrar a luz ó vecindario. Tardaría un ano, pois o semanario Mondoñedo, do 8-5-08, en escueta nota, dí: Hai dous días inaugurouse nesta vilaFozcon grande éxito, o alumeado eléctrico, producido pola fábrica do señor Reimunde.
Hai, pois, 105 anos que a vila disfruta do servicio.... Por aquelas datas Jesús Cageao anunciaba no xornal a súa fonda La Primitiva coa primicia de que contaba con luz eléctrica en tódalas dependencias, así como con automóvil e casetas na praia para servicio dos hospedes. Un adiantado ós tempos.
*Suso Fernández é cronista oficial de Foz(Lugo)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora