Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Silencios e Hipocrisías

jueves, 02 de enero de 2014
Tróuxonos, o xornal de despedida do 2013 (¡deus o leve para sempre!), unha información de carácter local sobre a que me gustaría reflexionar, porque aínda que semelle unha liorta político-familiar de pouco calado económico e ínfimo calado social (é un debate de intereses entre familias), abrangue tódolos elementos de dúas das principais lacras que ó meu ver levan tempo minando o debate social porque levan aínda máis tempo sendo desculpables ou -incluso peor- asumibles pola clase política xeral ó entender que forman parte lícita das ferramentas que os partidos políticos poden utilizar para deseñar as súas estratexias 'partidarias'.

Ven a conto, esta reflexión, en virtude do debate aberto entre alcalde e oposición do concello de Cualedro por mor de a cal das dúas estacións de servizo existentes no municipio debe mandar repostar, a institución municipal, os seus vehículos.

Se por un casual non reparou na noticia, fágolle de contado e de xeito introductorio un breve resumo: Resulta que das dúas estacións existentes, unha é propiedade da familia do alcalde e a esa é, precisamente, á que con regularidade periódica acoden a repostar os vehículos municipais, obviando calquera relación comercial coa outra. Isto, loxicamente, non é do gusto da oposición e por iso, hai uns días, un concelleiro elixido inicialmente polo BNG e agora disque representante de Compromiso por Galicia, compareceu co líder provincial da súa formación nunha rolda de prensa co fin de denunciar publicamente o que el considera unha 'irregularidade' política por entender que a administración non debe amparar favoritismos económicos unidos por lazos familiares, o cal resiste toda lóxica e toda defensa, alén dunha solución salomónica de reparto que acabaría de contado co conflicto.

O malo é que ó concelleiro denunciante esqueceulle apuntar na rolda de prensa un dato cando menos significativo: Tal como transcendeu logo, resulta que a estación de servizo agraviada -non sei se nun todo ou en parte- é da súa propia familia.

Mentres, supoño que para axudar a clarificar o debate, ó alcalde non se lle ocorre mellor explicación cá de asegurar, 'cun par...', que el non pretende favorecer a ninguén e que, en todo caso, a legalidade está garantida porque el non participa da aprobación das facturas e que é 'a xunta de goberno a que decide as adxudicacións'.

Silencios, medias verdades e hipocrisías. Velaí o cancro que mata un pouco cada día -se non a matou xa- á nobre arte da política. E, por empatía, a unha sociedade que permite estas prácticas coa súa impasible apatía.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES