Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os soños do rei Baltasar

martes, 31 de diciembre de 2013
Á miña Brancaneves e os “trece” enaniños.

Coñocín ó rei Baltasar sendo un neno de catro anos. Aquela noite, víspera de Reises, a iso das catro da mañá, erguín a saba da miña cama e, cheo de medo a que me descubriran, vin os Reises polo medio dos furadiños dos bordados da cortina da habitación dos meus pais.Distinguinos pola súa vestimenta. Estaban na galería da nosa casa, na rúa da Zapatería, cecais comendo no turrón e tomando as bebidas que lles colocáramos ó anoitecer a miña irmá Tilde e máis eu.

Na nosa casa había unha pequerrechiña mesa camilla e axeitámola cun pano fermoso sobre o que puñemos as lamboadas típicas de estas festas: turróns, mazapás, mandarinas e unha granada. Froita éxotica coma o plátano, que no noso cerne queríamos que non comeran porque era unha peza única que endexamais nós probáramos. Tamén colocamos na galería un saquetiño de carbón, que colléramos na tintorería do meu pai e que a mín non me cadraba lles fixera falta, porque Baltasar era o encargado de poñerllo a todos aqueles que se portaban mal. Un barreño con herba fresca e un caldeiro de auga viñan completar aquel pretencioso ágape para aqueles Magos de Oriente, tan amigos do neno Xesús, e os seus camellos.

Por descontado que, a cambeo, deixarían alí os seus agasallos. Para mín o meu rei sempre foi Baltasar. Il é o encargado de fabrica-los soños.

Non puiden durmir no resto da noite. Estaba tan nervioso que oira as pisadas dos cascos dos camellos, como apousaran as escadas na galería, como se removían co vento aquelas amplas vestiduras cando entraban pola ventá. Supoñía que sería difícil o camiñar dos paxes con aquelas babuchas, que erguían un pico na punteriña, e que alguén me dixera que eran así para non facer ruido cando entraban nas casas. Tamén penséi, -a noite da moito tempo para darlle ó veo - se baixarían polas fumeiras, pero pensaba, á vez, que tiñan que ser paxes moi miudiños porque a fumeira era moi estreita.

Non hai como ter vagar para poder ver naquela noite as estrelas onde viven os Reises, e descubrir que están feitas de chocolate e caramelo; que os ríos son de leite fresca e os Reises son mestres que van polos talleres enseñando os seus traballadores os secretos de cada xoguete. Os xogueteiros veñen sendo os avós, que tempo atras voaron das nosa vida, e pasaron a vivir no ceo dise xeito. A ventaxa que teñen os avós é que non cansan e son capaces de convertirse en esterliñas e comunicar cos seus netos cando istes os botan de menos. Sempre están sorrintes e dan solucións ós problemas, que cada neno lles plantexan, e, se teñen dúbidas, pregúntanlle os Reises, que non só son magos, senón tamén sabios.

Toda a noite din voltas e reviravoltas na cama. De cada pouco chamaba ós meus pais pedindo permiso para erguerme ¿Quén dixo que a vida e moi corta? Os minutos aquela noite eran anos; a claridade do día tardaba siglos non daba chegado. Coido que nunca unha noite tivo tanto lúar. E, aínda que as miñas ansias non acogaban, só se oía o monótono chapoteo da choiva, que pegaba nos cristais o nos charcos da rúa coa forza propia da Terra

.Dábanme pena non só os Reises, senón tamén os paxes e camellos, mais iso permitíame pensar que acó non pasarían sede. En Galicia non chove, senón que o ceo valeirase a caldeiros.

A iso das sete da mañá, despois de vinte intentos, miña mai cansouse de oirme pedir permiso e cedeu. Correndo descalzo abrín as contras da galería e vin no chan de pedra aquel mogollón de cousas que nos trouxeran os Reises. Remexín neles e tratei de abrilos buscando o meu, pero era tan pequeniño que non sabía ler os nomes. Naquel intre chegou meu irmao e abreu o seu agasallo: era un cabaliño de cartón moi fermoso. Eu mireino con envexa e buscaba o meu. Era mais pequeño: un camión de madeira bermello, azul e amarelo. Tamén había cousas para as miñas irmás e meus pais, pero, a verdade, eu só vía o meu camión, pois ía ser camioneiro. Minto, tamén rín có cachondeo de toda a familia cando meu pai probou un sombreiro, que lle trouxeran a il e que nunca se atreveu a usar por medo a que se riran dil.

Todos estábamos felices. Ríamos sen saber por qué. Eu metínme na cama dos meus pais co camión. Alí xoguei por riba da cama coma se fora un tarreo coas súas montañas e vales. A iso das nove, deixáronnos levantar porque queríamos ir á rúa a xogar cós amigos e presumir de que os Reises nos querían moito.¡Qué felices éramos con tan poucas cousas! Miña prima, que vivía na casa do lado, tróuxome un paquete de figos e fabolas que me regalaban meu avó e miña tía. Comín as lamboadas sen decatarme da presa.

Andivemos pola rúa case toda a mañá, pero meu irmao deuse conta de que o seu cabalo de cartón pedra tiña unha pequena mancha e decideu levalo á dársena da Feira para lavalo. Como o levaba atado dun cordel e tiña unha taboa con rodas para movelo, chegamos axiña. Sabía que non ía escapar porque estaba ben amarrado. Xa na dársena, meu irmao foi arrastrando o cabaliño ata o mar non sen certo recelo. Aínda así foino metendoo, paseniño, na auga ata cubrilo para lavalo todo e ben.

Coa aventura ía medrando o medo, pero meu irmao era valente. O pobre cabaliño, afogouse nun tris. Foise esvaíndo con tanta presa coma a que usou meu irmao para salvalo ó decartarse do perigo. Tirou do cordel e comprobou que case non pesaba nada e que viña só. O cabaliño esvaeuse ou evaporarase como fan os Reises, e o mar rouboulle a meu irmao aquel cabaliño branco que tanto nos gostaba. Xa podedes imaxinar aquello do val de bágoas do propietario da besta. Saleu da dársena chorando, subeu a Feira chorando, chegou á casa chorando e ata é posible que chore agora ó recordalo. Eu só pensaba na tunda que lle esperaba. A verdade é que aquel cabaliño era unha pasada.

O meu camión durou moito máis tempo. Despois dixéronme que os Reises aquel ano estiveran acampados en Naseiro e por iso os camellos trocábanse en carrozas e que nunca somos capaces de saber como nos van a sorprender. Tamén me dixeron que sairan voando, e, ó pasar polo Asilo, atoparan un fermosísimo nacemento onde o Neno era tan negriño coma Baltasar e sorría con fondosísima tenrura. Eu dicía que iso non podía ser que nunca vira un belén así. Despois soupen que ahí moitos sitios e moitos nenos Xesús negros coma o carbón da tintorería.

Cando medrei decateime que aquel Neno elixeu nacer daquel color porque Baltasar sempre era o que metía medo e merecía que todos reparáramos na súa bondade. Cecais as veces olvidamos que todos somos irmaos.

Outro día contareilles coma tiven a sorte de que me chame por teléfono todo-los anos, como fun representante diles durante outros corenta e o regalo mellor que me filleron que non é outro que anaco de maxín.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES