Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De maior: non creo “nos reis” nen nos ministros

martes, 31 de diciembre de 2013
Cando éramos pequenas tiñamos a mesma ilusión que os nenos de agora na noite dos reis magos. Claro que, pola mañanciña, non entendíamos como ao neno da viciña escondíanlle a metade dos xoguetes porque eran demasía, mentras que connosco mostraranse esquecidos e mesquiños.

Co tempo cambiamos a visión da noite de reis. Comprendemos que aqueles pais da posguerra, a clase media-baixa, fixeron sacrificios titánicos para nos aportar uns presentes sinselos e simplós, reflexo da mediocridade e escaseza na que vivían e loitaban por sair dela, alguns, perecendo no intento.

Este último ano os agasallos dos ministros, enchéronnos de terror. Os estudantes universitarios comprobaron como as tasas se tiñan duplicado, ou triplicado se se trataba de matricularse en asignaturas que suspenderan. Os alunos doutros niveis de ensino podense ver separados nas aulas según o sexo. Afirma o ministro de educación, Wert, que é unha das leis máis progresistas do sistema educativo español.

Pola sua parte o ministro de Xustiza, impeleu a lei de tasas que puxo fin á xustiza gratuita no país. Cabila Ruiz- Gallardón que “é unha das leis máis avanzadas” do sistema legal español. ¡Non vai ser!, aqueles a quen non lles devolveron os cartos das preferentes, teñen que iniciar a denuncia aportando 300 €, como mínimo, máis o 0,10 da cantidade que reclamen, o que entre o vulgo definese: “por riba de cornos, paus”.

O ministro de Facenda concede anistías fiscais aos defraudadores millonarios, supoñemos que porque lle dan pena que teñan que abonar grandes cantidades ao erario público. ¡Ah! e quen non o entenda, incluso si é un inspector quen o descubre e aplica a multa consabida, destitúeno do cargo, a él e a todos os que se empeñen en facer xustiza. ¡Que país, podía ocurrir esto nos EEUU!, ninguén os libraría de pagar e por riba pasar uns aniños no cárcere; lembro unha viaxe do ano 1990 no que o guía informóunos que a dona do famoso hotel Waldorf Astoria de Nueva York estaba entre reixas por fraude fiscal.

As pensións conxeladas, exactamente, as mínimas suben un euro. Podennos explicar ¿cánto costa facer os cálculos para subir un euro cada pensión?, probablemente se gaste moito máis en administrar e repartir ese euro que a totalidade empleada. ¿Existe sentido común nos ministerios de traballo (Fátima Báñez que nunca cotizóu en empresas) e facenda?.

Agreguen ao ministro de economía, De Guindos, e o fin das caixas de aforros, cos desfalcos dos directivos, as preferentes e subordinadas que usurparon os aforros dos inocentes; os miles de millóns insuflados ¡que non ian costar nada aos españois!, o frenazo das enerxías renovabeis: eólicas e placas solares; a construcción morta, o tipo de cambio monetario sobrevalorado, a deflación asomando á porta, ...

¿Sabían vostedes que a Deputación de A Coruña subió o soldo a 25 altos cargos e funcionarios de confianza?. Cando hai unha situación de paro que abraia, pensions cativeiras, soldos por horas, contratos por días, miles de xóvenes e traballadores na emigración, etc, etc. , o ministro de Facenda e Administracioóns Públicas, Cristóbal Montoro, é incapaz de deter os desmáns. Este país cada vez abre máis a brecha entre os ricos e os pobres, descaradamente estos últimos non lle importan ao Goberno máis alá dun euro.

Outra aberración : a modificación da Lei que regula o aborto, tamén de Xustiza. ¿Terá pensado Ruiz-Gallardón canto máis aguantará a corda denantes de escacharse?. Sen axuda aos dependentes, sen traballo para o pai, sen piso porque foron desauciados, ¿qué dios lle obliga a unha muller a parir un feto con gravísimas deformacións?, non é un dios, é un verdugo, o que eso dita; e todavía atrévense a afirmar “é a lei máis progresista ...”.

Cóntolles a penúltima, esta vez o tema é tráxico-cómico. Acaban de impoñer que o pago do IVA se faga a traveso do internet. As persoas maiores que teñan un local alquilado, irremisiblemente deben comprar un ordenador e aprender ate saber conquerir a firma electrónica, baixar o programa do IVA, e cubrir páxina a páxina sen esquecer nen añadir, unha coma ou acento so pena de ter que comezar todo de novo. Cando van pedir información a Facienda, o rapaz que os atende comeza despácio, mais os clientes aos cinco minutos non saben por donde andan, con eso de “abrir nova pantalla, clicar en FNMT”, un deles levantouse irado e dixo que non pagaría nada e que se o querían meter no cárcere que o puxeran na cela ao lado de Bárcenas. Outro pagador, que se acompañaba dun sobriño, cando ouviu: “nova fiestra, clicar en FNMT, insertar ...”, rebotóuse gritando, “a ver se somos serios, eu non estou aquí para “inxertar nada”. ¡Estes rexidores están consiguiendo a felicidade dos súbditos! (que non ciudadans). Ésta é outra argucia máis para privatizar o servízo, as xestorías incrementarán os clientes, e os empregados das delegacións de facenda irán por decenas á rua.

Nestos momentos sentimos que o Goberno aparcou a democrácia, está gobernando por decreto, sería igual se disolviese as cámaras, porque entendeu a maioría absoluta como “carta blanca” para facer o que lles pete. Cun obxectivo claro: favorecer ao sector privado, aos seus camarillas e asesores, e esquecer ao pobo.

Señores ministros NON QUEREMOS MÁIS REGALOS envenenados, nen máis leis progresistas que nos retrotraen ao século XX, nen maís modificacións salariais que convirten aos traballadores en esclavos, nen máis cambios na sanidade que provoca que chamen para operar cando xa morreu o paciente, en peores ocasións, nen chaman. Un pouco máis e nin a Lei de Seguridade Cidadán do ministro do Interior Fernández Díaz, controlará as protestas e acalará as inxustizas, pénseno a tempo.

Señores Reis Magos : tráigannos unha alternativa á clase política
actual. Sen duda, estaríamos mellor administrados se desaparecesen os ministerios .
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES